GALTEO

A Escola > GALTEO
Galteo Easd
Galteo

Que e GALTEO?

Somos GALTEO, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega da Mestre Mateo.

“O obxectivo do noso equipo é promocionar e dinamizar para a nosa lingua utilizar.”

Equipo de Dinamización da Lingua Galega
  • Rosa Figueroa Insua. Coordinadora
  • Mercedes Vega Cerqueiro. Representación profesorado
  • Marta Gómez Piñeiro. Representación profesorado
  • Ana Refojo Ferro. Representación P.A.S.
  • Laura Prieto. Representación alumnado
  • Marisa Otero. Representación alumnado

Ferramentas lingüísticas

LINGUA
Portada – O Portal da Lingua Galega 

VOLGA
Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega permite saber se un termo é correcto ou non, no caso de selo, se existen sinónimos preferibles no seu lugar.
http://academia.gal/recursos-volg – http://academia.gal/Volga/?

CORRECTOR ORTOGRÁFICO EN LIÑA. ORTOGAL
A Universidade de Vigo ten en marcha OrtoGal e podemos acceder a el a través da rede.
http://sli.uvigo.es/corrector/

GALAPPS
ConxuGalego, DicionarioGalego e TradutorGalego son as ferramentas lingüísticas da suite GalApps que están dispoñíbeis para móbiles Android e para iPhone e iPad.
http://galapps.es

TRADUTOR DA XUNTA
http://tradutorgaio.xunta.gal/TradutorPublico/traducir/index

LUCY KWIK TRANSLATOR
Permite traducir textos curtos e webs do inglés e do castelán ao galego e viceversa.
http://www.lucysoftware.com/cms/front_content.php?idcat=45

OPENTRAD
Sistema de tradución automática en código aberto deseñado inicialmente para todas as linguas do Estado e de uso gratuíto. Actualmente está dispoñible a tradución bilateral do galego co castelán, co inglés e co portugués.
http://www.opentrad.org

TRADUCÍNDOTE
Tradutor gratuíto de documentos .odt, OpenOffice, ás diferentes linguas do estado, inglés e portugués.
http://www.traducindote.com

TRADUTOR APERTIUM
Tradutor español-galego e galego-español de textos, ficheiros e sitios web.
http://sli.uvigo.es/tradutor

TRADUTOR DO INSTITUTO CERVANTES
Permite traducir até 10.000 palabras do español ao galego e do galego ao español.
http://traductor.cervantes.es

DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
http://academia.gal/dicionario

DICIONARIO DE GALEGO
http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php

DICIONARIO VISUAL INTERACTIVO
Creado para que o alumnado procedente do estranxeiro explore os escenarios do contorno educativo e aprenda os termos máis comúns.
http://www.edu.xunta.es/contidos/dicionariovisual/dicionario.html

DICIONARIO ELECTRÓNICO ESTRAVIZ
Nova versión do máis completo dicionario galego na rede. Non segue a normativa ortográfica oficial
http://www.estraviz.org/

DICIONARIOS BILINGÜES

DICIONARIO CLUVI INGLÉS-GALEGO
No Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo atopamos este dicionario en liña que nos permite traducir directamente do inglés ao galego e viceversa.
http://sli.uvigo.es/CLIG/clig.html

DICIONARIOS E LÉXICOS TEMÁTICOS

DICIONARIO DA VESTIMENTA TRADICIONAL GALEGA
http://dvtg.msoutopico.es/

DiGaTIC. DICIONARIO GALEGO DAS TIC
O primeiro dicionario enciclopédico galego sobre novas tecnoloxías que dispón de máis de catro mil termos e que se pode consultar na rede. Ademais ofrece unha utilísima serie de enlaces de interese.
http://www.digatic.com./

VOCABULARIO MULTILINGÜE DE ECONOMÍA
Vocabulario de economía en galego, catalán, castelán, inglés e vasco.
http://www.iula.upf.edu/rec/ricoterm/docums/vocecon/gal/index.html

CONSULTAS LINGÜÍSTICAS
A Secretaría Xeral de Política Lingüística ten na súa páxina a área de asesoramento lingüístico, que atende calquera consulta relacionada coa lingua galega (sobre fonética, ortografía, morfoloxía, sintaxe…) ou de carácter terminolóxico, en colaboración co Servizo de Terminoloxía da Real Academia Galega (Termigal).
http://www.xunta.es/linguagalega/consultas_linguisticas

CONXUGADOR CILENIS
A empresa Cilenis elaborou este conxugador verbal que nos ofrece a posibilidade de conxugar os verbos en galego e portugués.
http://conxugador.cilenis.com/index.php

DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA
Dicionario impulsado polo ILG que permite escoitar a palabra desexada no galego estándar nun rexistro formal.
http://ilg.usc.es/pronuncia

DÚBIDAS LINGÜÍSTICAS
Neste blog podedes esclarecer algunhas dúbidas lingüísticas moi frecuentes.
http://www.blogoteca.com/dubidas

EXERIA
Aplicación que facilita a revisión lingüística de textos e ofrece alternativas para un uso non sexista da linguaxe.
http://www.exeria.net

GALEGO PARA DOCENTES
Ferramentas para a aula seleccionadas por Xosé Antón Vicente Rodríguez (CEFORE de Pontevedra).
http://centros.edu.xunta.es/cfr/pontevedra/antonvicente/index.htm

NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS DO IDIOMA GALEGO
Neste enderezo podemos consultar e descargar en PDF esta publicación.
normas_galego.pdf

PORTAL DAS PALABRAS
Achegamento ao noso léxico do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega.
http://www.portaldaspalabras.gal

RECURSOS PARA O GALEGO
Web da Deputación da Coruña, que nos ofrece unha interesante selección de correctores, dicionarios, vocabularios, tradutores, gramáticas e manuais dispoñíbeis na rede.
http://www.recursosparaogalego.com

Xa fixemos

Miradas convidadas

Un proxecto que pretende dar a coñercer e, poñer en valor a EASD Mestre Mateo.

Unha ollada, sempre, particular, de creadoras e creadores das diferentes disciplinas que conforman a cultura do noso país

A lingua da mestre

Enquisa profesorado

Concursos

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega da escola convoca o Premio “A lingua, arte da túa terra” ao que se poderá presentar todo o alumnado da EASD Mestre Mateo, que no seu proxecto Final de Estudos, poña en valor a Lingua e a Cultura Galegas.

Descargar formulario de inscripción

Bases
  • Poderán optar ao premio os Proxectos que cumpran os seguintes requisitos:
  • A lingua utilizada terá que ser obrigatoriamente a galega, tanto na escrita como na presentación ante o tribunal.
  • O proxecto terá que por en valor a Cultura Galega: ben pola temática, os materiais empregados, etc.
  • Cada participante deberá rechear un formulario de rexistro e envialo por correo electrónico a galteo@easd.es
  • Haberá un premio para Ciclos Formativos e outro para Estudos Superiores, dotados con 200€ cada un.
  • Serán aceptados tódolos Proxectos Finais do curso académico da convocatoria do premio, que acaden unha cualificación igual o superior a 5.
  • Data límite de presentación: 30 de Xuño. Pasado dito prazo, non se admitirá ningún Proxecto.
  • O xurado estará composto polas/os integrantes do EDLG.
  • A resolución comunicarase por correo electrónico as/os gañadoras/es.
  • As/os gañadoras/es asinarán un documento de cesión de dereitos de imaxe e/ou autor/a, se fora o caso.
  • O premio pode quedar deserto se Galteo así o estima.
  • Para calquera dúbida pódese contactar con Galteo no enderezo electrónico: galteo@easd.es
  • A participación no Premio implica a aceptación destas bases.