A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e a Comisión Fulbright convocan até 6 bolsas para a ampliación de estudos artísticos en Estados Unidos en calquera área de actividade artística, incluídas:
- Artes escénicas
- Artes plásticas e visuais
- Música e musicoloxía
- Museoloxía e conservación do patrimonio
- Xestión cultural.
Presentación de solicitudes:
Dende o 20 de novembro de 2024 até o 13 de xaneiro de 2025 na páxina web da Comisión Fulbright.
Requisitos:
Nacionalidade española; estar vencellado a Galicia por nacemento, residencia, formación en estudos superiores ou artísticos, ou traxectoria profesional; dispoñer dunha carta de acceso, convite ou admisión nun centro estadounidense; coñecemento de inglés axeitado para desenvolver o proxecto.
Dotación da bolsa:
Viaxe de ida e volta e gastos varios, até un máximo de $1.600.
Asignación mensual entre 2.830 e 4.300 USD en concepto de aloxamento, manutención e gastos necesarios para o proxecto da bolsa.
Seguro de enfermidade e accidente.
Sesión Informativa online:
Martes 10 de decembro ás 17h. Rexistro previo nesta ligazón.
Más información:
www.fulbright.es
Asesoría Académica
E-mail: registro@fulbright.es
Telf: 917027000