ERASMUS | Convocatoria de Mobilidades de Prácticas Erasmus+. Curso 26/27 – 1º Semestre

29 09 2026 | Uncategorized

A EASD Mestre Mateo convoca bolsas de mobilidade para estadías de prácticas durante os meses de novembro a decembro de 2026.

A quen vai dirixida?

  • Ao alumnado que teña formalizada a súa matrícula no último curso das Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño (Moda ou Produto).

  • Ao alumnado matriculado nos últimos cursos de calquera dos Ciclos Superiores impartidos (Xoiaría Artística, Fotografía ou Técnicas Escultóricas).

  • O estudantado debe estar en condicións académicas de realizar os módulos de Prácticas curriculares ou Formación en Centros de Traballo.

  • Tamén pode participar o alumnado que titule nos meses de xuño ou xullo do curso académico actual.

Requisitos principais:

  • É necesario ter a matrícula ao corrente na EASD Mestre Mateo no presente curso e estar no último curso dos estudos que requiren de prácticas externas.

  • No caso das Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño, requírese ter un máximo de 18 créditos ECTS pendentes, sempre que non correspondan á materia de Proxectos específicos da especialidade.

  • No caso dos Ciclos Superiores, requírese ter todos os módulos aprobados agás os de Proxecto integrado/final e Formación práctica.

  • Débese acreditar oficialmente, antes do límite de entrega, un nivel B1 ou superior na lingua da institución de destino ou en inglés.

Duración das estadías:

  • Para as Ensinanzas profesionais a duración será de 1 mes, máis un compoñente virtual (150 horas para Técnicas Escultóricas e Fotografía; 105 horas para Xoiaría).

  • Para as Ensinanzas superiores a duración será de 2 meses, equivalentes a 300 horas.

Procedemento e prazo de solicitude:

  • Cada estudante debe buscar persoalmente a empresa na que desexa facer as prácticas.

  • A Oficina internacional da escola ofrecerá axuda e asesoramento para a busca de empresa se calquera estudante o require.

  • A persoa solicitante deberá entregar o formulario de solicitude impreso e asinado correspondente ao Anexo I.

  • Débese achegar o documento de aceptación da empresa na que se quere realizar as prácticas, correspondente ao Anexo II.

  • Toda a documentación presentarase na secretaría da EASD Mestre Mateo.

  • O prazo límite para a presentación das solicitudes finaliza o 9 de Outubro de 2026.

 

Descargar convocatoria

Axenda