Resolución do Concurso Agasallo de Empresa 2025/2026: a especialidade de Xoiaría reinterpreta a identidade e a arquitectura da nosa escola

22 05 2026 | Uncategorized

Hoxe tivo lugar o fallo do xurado do Concurso Agasallo de Empresa da EASD Mestre Mateo para o curso 2025/2026. Este certame ten como obxectivo elixir unha peza artística da que se realizará unha edición limitada de 150 exemplares numerados, que serán entregados como recoñecemento institucional ás empresas e entidades que colaboran coa nosa escola acollendo ao alumnado en prácticas.

Tras as edicións anteriores lideradas por Fotografía e Produto, este ano a convocatoria estivo dirixida especificamente ao alumnado actual e egresado de Xoiaría (Ciclo Superior e Itinerario DUAL en Xoiaría e Complementos do Grao en Deseño de Produto). O xurado valorou a altísima calidade técnica e a fonda carga conceptual das propostas para proxectar a nosa cultura do deseño e a identidade do centro.

Tras as oportunas deliberacións, o ditame acordou outorgar os seguintes premios:

🥇 1º Premio: Iris Rivadulla Picón – “Medir para crear”

  • A peza: Un broche inspirado nunha cinta métrica en ángulo recto que evoca de xeito simbólico a representación en planta dentro da escola.

  • Concepto: Afastándose dunha reprodución literal, a obra preséntase como un obxecto conceptual onde a cinta métrica actúa como un elemento transversal presentándose como base do deseño para todas as disciplinas da escola (moda, produto, escultura, fotografía ou xoiaría). O broche recolle o acto de medir non só como cuantificación, senón como unha ferramenta para interpretar, analizar, dar forma á realidade e materializar unha aprendizaxe consciente. A peza inclúe a data de inauguración do centro e o nome “Mestre Mateo”, reforzando a nosa identidade e historia.

  • Galardón: Un premio en efectivo de 500 € e a produción da serie limitada de 150 exemplares (dos que a autora disporá de 5). O deseño incorpora ademais o espazo correspondente para o logotipo da escola e o seu empaquetado final.

 

🥈 Accésit: Roi Pesado Bouzas (Pseudónimo: “Antonio Recio”)

  • A peza: Unha proposta tridimensional compacta que funciona como unha síntese xeométrica e arquitectónica do propio centro.

  • Concepto: A peza nace dunha conversa casual sobre a complexidade interior do edificio e a omnipresenza das súas escaleiras. O autor traduce este elemento estrutural tan identitario nun xogo de volumes e baleiros onde os chanzos representan de forma abstracta as catro plantas principais do centro. A peza integra de forma maxistral as letras do logotipo oficial de “easd” e as siglas “MM”, logrando sintetizar e encapsular a experiencia física e a identidade tridimensional de habitar a institución.

  • Galardón: Un premio en efectivo de 400 €.

A persoa gañadora do primeiro premio asumirá a partir de agora o seguimento da produción da serie , que contará co correspondente certificado de autenticidade asinado.

Queremos trasladar o noso máis sincero parabén ás persoas galardoadas e o noso profundo gratitude a toda a comunidade de estudantes que participou por amosar este extraordinario nivel creativo.

Información para o alumnado participante: Lembramos que todas as pezas non premiadas poderán recollerse nas dependencias da Secretaría do Centro (planta baixa, Rúa Virxe da Cerca) dende o vindeiro 10 de xuño ata o 26 de xuño de 2026. Pasada esta data, a Escola procederá á reciclaxe das mesmas.

Axenda