Gilding and Silvering Workshop
Módulos do Ciclo Superior de Dourado e Policromía
1 curso académico
12
Presencial
O ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Dourado, Prateado e Policromía está integrado por módulos de duración variable que cobren aspectos da formación do alumnado, concibidos como áreas homoxéneas de coñecemento, capacidades e habilidades.
O Modular de Dourado e Prateado trátase dun dos módulos deste ciclo formativo, e consiste nun taller de seis horas semanais que está centrado exclusivamente nestas técnicas.
Ademais, se así o desexa, o alumnado que supere este módulo, pode completar no futuro a súa formación como técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Dourado, Prateado e Policromía realizando outros modulares que forman parte do programa deste Ciclo Formativo de Grao Superior noutros centros da Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia, sen ter que volver a realizar o módulo correspondente a Dourado e Prateado.
A persoa que remate este Taller en Dourado e Prateado pode exercer a súa profesión no sector artesán relacionado cos proxectos de realización de dourado en obras artísticas ou artesanais, no sector das artes plásticas e noutros sectores de produción industrial.
Esta persoa estará cualificada para desenvolver os seguintes postos de traballo e ocupacións:
- Persoa empregada nun taller de dourado e prateado
- Dourador/a e prateador/a de obras artísticas.
- Decorador/a de obras artísticas de dourado.