Taller de Dourado e Prateado

Oferta formativa > Oferta modular > Taller de Dourado e Prateado

TITULACIÓN
Módulos do Ciclo Superior de Dourado e Policromía

DURACIÓN
1 curso académico

Nº CRÉDITOS
12

CARÁCTER
Presencial

O dourado e prateado son técnicas decorativas que consisten na aplicación dunha folla moi fina de ouro ou prata en calquera tipo de soporte.

O ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Dourado, Prateado e Policromía está integrado por módulos de duración variable que cobren aspectos da formación do alumnado, concibidos como áreas homoxéneas de coñecemento, capacidades e habilidades.

O Modular de Dourado e Prateado trátase dun dos módulos deste ciclo formativo, e consiste nun taller de seis horas semanais que está centrado exclusivamente nestas técnicas.

Ademais, se así o desexa, o alumnado que supere este módulo, pode completar no futuro a súa formación como técnico superior de Artes Plásticas e Deseño en Dourado, Prateado e Policromía realizando outros modulares que forman parte do programa deste Ciclo Formativo de Grao Superior noutros centros da Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia, sen ter que volver a realizar o módulo correspondente a Dourado e Prateado.

 

A persoa que remate este Taller en Dourado e Prateado pode exercer a súa profesión no sector artesán relacionado cos proxectos de realización de dourado en obras artísticas ou artesanais, no sector das artes plásticas e noutros sectores de produción industrial.

Esta persoa estará cualificada para desenvolver os seguintes postos de traballo e ocupacións:

 

  • Persoa empregada nun taller de dourado e prateado
  • Dourador/a e prateador/a de obras artísticas.
  • Decorador/a de obras artísticas de dourado.