How to apply (Bachelor Degrees)

How to apply > Bachelor Degrees

Alumnado de novo ingreso

 

Proceso de admisión alumnado de novo ingreso – Curso 2023/24

ACCESO ÁS ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO: consultar a información aquí

Matrícula alumnado de novo ingreso (1º curso)

A matrícula farase únicamente de xeito presencial no centro. 

Prazos

1ª Adxudicación de prazas: 17 de xullo (Publicaranse no portal educativo da Consellería)

  • Prazo de Matrícula 1ª adxudicación19 ao 21 de xullo ambos incluídos.

2ª Adxudicación de prazas (de ser necesaria): 26 de xullo

    • Prazo de Matrícula 2ª adxudicación (de ser necesaria): 27 e 28 de xullo

    NOTA: NON FORMALIZAR A MATRÍCULA NO PRAZO CORRESPONDENTE IMPLICA A PERDA DA PRAZA DE ACCESO

    Documentación:

    • Impreso da escola cuberto
    • 2 fotografías
    • Xustificante de ter aboado as taxas (o impreso facilítase na Secretaría do centro)
    • Xustificante de ter aboado o seguro escolar (menores de 28 anos)

     

    Alumnado de cursos anteriores

     

    Prazos de matrícula alumnado de cursos anteriores – Curso 2023/24

     

    A matrícula farase telemática e de xeito presencial no centro. 

    Prazos

     

    • Alumnado que realiza a matrícula do 4º curso: farase telemáticamente do 5 ao 9 de xuño. Aviso: Debido á imposibilidade de ofertar as mesmas prazas en tódalas disciplinas optativas, a matrícula do 4º curso farase por quendas pola media do expediente académico ordeado de maior a menor. Aquel alumnado que non faga uso da súa franxa de matrícula (recibiredes un e-mail coa vosa franxa horaria) terá que adaptar a matrícula á oferta de disciplinas optativas que teña cando decida facelo.
    • Alumnado que realiza a matrícula en 2º e 3º curso que superou tódalas disciplinas nas que estaba matriculado na convocatoria ordinaria, e alumnado de 4º que non o fixo na súa franxa horaria. Poderá matricularse telematicamente do 10 ao 20 de xuño
    • O alumnado que presentouse á convocatoria extraordinaria e resto do alumnado en calquera situación non recollida, poderá matricularse presencialmente cubrindo e entregando en secretaría o formulario correspondente: do 22 ao 30 de xuño.
     
    Documentación

     

    • Solicitude de matrícula
    • Xustificante de ter aboado as taxas (o impreso de pago facilítase na secretaría do centro)
    • Xustificante de ter aboado o seguro escolar (menores de 28 anos)

     

    Taxas

    Publicado no DOG do 17 de xuño o Decreto de prezos públicos para as Ensinanzas Superiores de Deseño – CADRO RESUMO

     

    Preinscrición

    Preinscrición para as probas de acceso: 64 € en concepto de dereitos de exame -exentos alumnos con acceso directo-.

    Na Secretaría facilítase o impreso de pago.

     

    Matrícula

     

    Instruccións para o pago telemático da matrícula na Axencia Tributaria de Galicia

    Apertura de Expediente
     
    Servizos xerais (págase tódolos anos)

    22 €

    13 €

    Matrícula: prezo por crédito

    1ª matrícula: 4,70 € / crédito ECTS
    2ª e sucesivas: 6,70 € / crédito ECTS

    Recoñecemento de créditos: 1€ / crédito ECTS

    Exencións
    • Familia Numerosa, categoría especial: exención do 100%
    • Familia Numerosa, categoría xeral: exención do 50%
    • Funcionarios dos corpos docentes: exención do 100% na primeira matrícula (deben aboar apertura expte. e servizos xerais)
    • Discapacidade de alomenos o 33%: exención do 100%
    • Víctimas do terrorismo, cónxuxe e fillos: exención do 100%
    • Víctimas de violencia de xénero, e fillos: exención do 100%
    • Bolseiros/as: exención do 100%
    • Matrículas de honra en disciplinas do curso anterior: polos créditos das disciplinas nas que obteña MH.
    • Matrícula de Honra en 2º de Bacharelato, Premio extraordinario de Bacharelato ou Premio extraordinario no CS de FP: exención total do pagamento dos prezos públicos

     

    Fraccionamento da matrícula

    poderase fraccionar o pagamento das contías en concepto de matrícula.

    • Primeiro pagamento:  50% no momento de formalizar a matrícula
    • Segundo pagamento: 50% no mes de xaneiro

     

    Seguro Escolar

    Deben aboalo os menores de 28 anos: 1,12 €

     

    Expedición do título

    Normal:     En actualización
    Familia Numerosa Xeral:     En actualización
    Familia Numerosa Especial:       –
    Duplicados:     En actualización