As xornadas Apertura EASD Mestre Mateo desenvolveranse día 7 de outubro no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) en Santiago de Compostela.
Esta acción sitúase en liña co obxectivo común de crear unha cultura do deseño e os procesos creativos elevando a súa percepción e as súas posibilidades, contribuíndo a crear a nova xeración de talento galego e potenciando a formación estratéxica dos profesionais creativos ao favorecer a súa especialización na medida das esixencias do mercado e as súas esixencias ou preocupacións actuais.
PROGRAMA
9.30H
Recepción e sinaturas.
9.45 H
Presentación a cargo da EASD Mestre Mateo
10.00H
José María Fraga Bermúdez. Profesor emérito da Facultade de Medicina da USC e membro da Fundación Castelao.
La Escuela de Artes y Oficios de Santiago: academia de dibujo de Alfonso Rodríguez Castelao.
10.30H
WIM Studio. Pablo García-Bodaño López e Noemí Cortizas. Empresa galega especializada no desenvolvemento de materiais sostibles
No hay residuo sin valor, solo falta de visión.
11.15 H
Descanso.
11.45 H
Jana López. Deseñadora téxtil e fundadora de Maar Hats, proxecto de sombreirería e deseño artesanal contemporáneo creado en Galicia.
10 anos de sombreiros.
12.30 H
Carla Souto. Artista e deseñadora de xoias.
Un mundo en un grano de arena.
13.15 H
Ariadna Silva Fernández. Fotógrafa, artista visual e cineasta.
Paisaxes e memorias: unha mirada consciente e poética cara o territorio.
Descargar PROGRAMA


