Outgoing

Erasmus > Outgoing

                             

Mobilidades de estudo | SMS

Consiste na realización dun período de estudos nunha institución de educación superior doutro país europeo. Ao final do mesmo a institución de orixe do estudante recoñecerá académicamente os estudos realizados.

Durante este periodo, o estudante estará exento de pagar taxas académicas na institución de acollida.

Poderán participar os estudantes de institucións de educación superior que posúan unha Carta Universitaria Erasmus. O estudiante deberá recibir un acordo de estudos por escrito relativo ao programa de estudos que seguirá no país de acollida. Ao término da estancia no estranxeiro, a institución de acollida deberá remitir ao estudante Erasmus e á súa institución de orixe un certificado de que completou o programa acordado e un informe dos seus resultados.

As axudas aos estudantes Erasmus son compatibles con calquera outra axuda ou préstamo nacional.

Carta do estudante Erasmus – Dereitos e obrigas do estudante Erasmus

 

Convocatoria SMS 2021-2022

Publicación das listaxes de adxudicacións o 5 de marzo de 2021.

 

Convocatorias de cursos anteriores

 

                             

Mobilidades de prácticas | SMT

Consiste na realización dun período de prácticas durante un período de tempo nunha empresa ou organización doutro país da Unión Europea.

Poderán participar os estudantes de institucións de educación superior que posúan unha Carta Universitaria Erasmus.

As organizacións de acollida para as prácticas de estudantes poden ser empresas, centros de formación, centros de investigación e outras organizacións.

As características das prácticas de estudantes son:

– A institución de ensinanza superior de orixe debe outorgar pleno recoñecemento ao periodo de prácticas no estranxeiro.
– O estudante debe recibir un acordo de formación relativo ao programa do período de prácticas; este acordo debe ser aprobado pola institución de educación superior de orixe e a organización de acollida.

O período de prácticas debe estar cuberto por un acordo de prácticas aprobado pola institución de educación superior de orixe, a institución de acollida e o beneficiario.

As axudas aos estudantes Erasmus son compatibles con calquera outra axuda ou préstamo nacional.

As persoas interesadas deben atopar unha empresa onde facer as prácticas por si mesmas. Estas dous ligazóns poden ser de utilidade para a busca de empresa:

http://erasmusintern.org/

https://ec.europa.eu/eures/public/en/opportunities

Carta do estudante Erasmus – Dereitos e obrigas do estudante Erasmus

Duración:

Mínima 2 meses, máxima 12 meses. Financiación máxima: 3 meses.

Convocatoria SMT 2019/2020/2021

 

Convocatorias de anos anteriores

  • Convocatoria primeiro semestre 2020 – KA103

    Para mobilidades con institución socias e non socias pertencentes a países do Programa Erasmus+ (Europa). Data límite de entrega de solicitudes: 31 de marzo para mobilidades que se realicen ata o 30 de Xuño de 2020,

    Texto da convocatoria en PDF

 

 

 

Sistema de créditos – Recoñecemento

A EASD Mestre Mateo emprega o sistema de créditos ECTS nas Ensinanzas Superiores de Deseño de Moda e de Deseño de Produto. O estudante e a institución (a través do Coordinador Erasmus e da Xefatura de Estudos) asinan un Acordo de Estudos no que se especifican as disciplinas que se recoñecerán pola súa mobilidade Erasmus de estudos. Deste xeito, o estudante coñece con anterioridade á súa saída que o recoñecemento de créditos ECTS será pleno.

No caso dos Ciclos Formativos non se está a empregar o sistema de créditos ECTS, aínda que este sistema se implantará nos vindeiros cursos (estas ensinanzas están sendo adaptadas ao EEES polo Ministerio de Educación). Na actualidade, a EASD Mestre Mateo realiza mobilidades de prácticas en empresas baixo o Programa Erasmus (SMP), que se recoñecen polo módulo de Formación Práctica en Empresas, Estudos ou Talleres.

Mecanismo de recoñecemento

Unha vez o estudante e a EASD Mestre Mateo asinan o Acordo de Estudos complementario mencionado, e considerando o sistema de créditos ECTS, o recoñecemento dos logros é automático. Cando o estudante regresa, sempre que teña cumprido con todas as súas obrigas, o Director, como representante legal da institución, asina un recoñecemento de créditos; un documento baseado no certificado de notas proporcionado pola institución socia.