GALTEO | Convocatoria do Premio «A lingua, arte da túa terra» 2024/25, aos mellores Proxectos/ Traballos Finais de Estudos

21 11 2024 | Sin categorizar

Galteo, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convoca o Premio “A Lingua, arte da túa terra”, ao que se poderá presentar todo o alumnado da EASD Mestre Mateo, que no seu proxecto Final de Estudos, poña en valor a Lingua e a Cultura Galegas.

Bases

  • Poderán optar ao premio os Proxectos que cumpran os seguintes requisitos:

    • A lingua utilizada terá que ser obrigatoriamente a galega, tanto na escrita como na presentación ante o tribunal.

    • O proxecto terá que pór en valor a Cultura Galega: ben pola temática, os materiais empregados, etc.

  • Cada participante deberá encher un formulario de rexistro dispoñible na web, e envialo por correo electrónico.

  • Haberá un premio para Ciclos Formativos e outro para Estudos Superiores, dotados con 200€ cada un.

  • Serán aceptados tódolos Proxectos Finais do curso académico da convocatoria do premio, que acaden unha cualificación igual o superior a 5.

  • Data límite de presentación:
    30 de Xuño. Pasado o prazo, non se admitirá ningún Proxecto.

  • O xurado estará composto polas/os integrantes do EDLG.

  • A resolución comunicarase por correo electrónico as/os gañadoras/es.

  • As/os gañadoras/es asinarán un documento de cesión de dereitos de imaxe e/ou autor/a, de ser o caso.

  • O premio pode quedar deserto se Galteo así o estima.

  • Para calquera dúbida pódese contactar con Galteo no enderezo electrónico: galteo@easd.es

  • A participación no Premio implica a aceptación destas bases. 

 

Formulario inscrición – A lingua, arte da tua terra

Bases en pdf – A lingua, arte da tua terra 2024

Axenda