Students Guide
Información do Centro
- Presentación do centro. Próxima publicación
- Normas de organización e funcionamento de centro (N.O.F.)
- Normas de convivencia
- Organigrama
- Política de calidade
- Participación da comunidade educativa. Temos habilitado un buzón de suxestións na nosa web. Nel pódese deixar calquera proposta de mellora para ser valorada e incorporada (de ser o caso)
- Lexislación aplicable: Para os ciclos: consultar aquí. Para as Ensinanzas Superiores en Deseño, consultar aquí
Calendarios e Horarios Erasmus
- Calendario escolar. No calendario escolar pódense consultar tamén as datas de avaliación para cada curso e ensinanza. As cualificacións parciais e finais poderán ser consultadas polo alumnado o mesmo día das avaliacións, a través da Secretaría virtual, a partir das 14:30h.
- Calendario acollemento Erasmus. Consulta aquí
- Horarios Erasmus. Consulta aquí
Solicitude de licenzas de software polo alumnado Erasmus
Procedemento de solicitude de software para os computadores.
O alumnado Erasmus que así o desexe poderá solicitar licenzas do software necesario para as clases enviando un correo electrónico coa solicitude a erasmus@easd.es
O alumnado recibirá un mail que lle dará acceso á descarga e uso do software de deseño dos seus estudos na dirección mail facilitada na súa matrícula. Este software é de uso persoal e intransferible, e deixará de funcionar no primeiro computador en que foi instalado no caso de detectarse a súa instalación noutro computador. No caso de que suceda isto é responsabilidade do alumnado implicado a compra do mesmo para poder continuar os seus estudos con normalidade. No caso de necesitar instalalo en dúas computadoras (unha portátil e unha de sobremesa) o alumnado terá que solicitalo. As licencias do software serán facilitadas sempre que o alumnado estea matriculado e teña unha asistencia regular no seu horario lectivo. A baixa nos estudos implicará a baixa na licenza do software.
Procedemento de solicitude de uso da rede wifi
- O alumnado que o desexe, enviará un mail coa información necesaria explicada no protocolo de solicitude á dirección: wifieasd@gmail.com, solicitando que se lle dé acceso. A solicitude soamente pode facerse para un dispositivo por alumna/o (computador portátil) co que se vaia traballar nas aulas.
- Os/as estudantes que xa tiñan permiso o pasado curso, deberán solicitalo de novo.
Información sobre servizos
- Biblioteca
- Secretaría. Horario de atención ao público: de 10:00 a 13:00 horas, de luns a venres -excepto agosto (consultar horario de verán)
- Aula virtual. A Oficina Internacional dará de alta ao alumnado Erasmus unha vez iniciado o curso. Deberá consultar co profesorado que imparte cada materia a forma de acceso e o modo de emprego da aula virtual na súa materia.
- Fotocopiadoras. Na Conserxería situada no primeiro andar existe un servizo de fotocopiadora dispoñible para alumnado e profesorado do centro. O horario coincide co horario de apertura do centro.
- Cafetería. O centro dispón de 2 microondas, unha fonte, máquina de café e máquina de bebidas e outra máquina con diversos produtos no primeiro andar, así como varias mesas e cadeiras situadas nesa zona e que poden ser empregadas polo alumnado.
- Dirección, Vicedirección e Xefatura de Estudios. Os despachos do equipo directivo atópanse no 2º andar. Na porta pódense consultar os horarios de atención ao público de cada cargo.
- Departamentos das distintas Ensinanzas.
- Departamento de Escultura: 1º andar (enfrente a Conserxería)
- Departamento de Deseño de Produto. 2º andar (pegado as escaleiras metálicas)
- Departamento de Xoiaría: no taller de Xoiaría situado no 2º andar ao final do corredor dos aseos.
- Departamento de Deseño de Moda. 3º andar (pegado as escaleiras metálicas)
- Departamento de Fotografía. 3º andar (enfrente aula 30)
- Departamento de Interiores. 4ºandar (pegado as escaleiras metálicas)
- SEGUIMENTO DA ESTADÍA E ACCIÓN TITORIAL O alumnado que o desexe poderá solicitar á Oficina Internacional unha reunión para tratar os asuntos que lle resulten convenientes cara ao máximo aproveitamento do seu proceso de aprendizaxe (relativos á convivencia, asuntos privados, etc. que poidan afectar a iste proceso). Para facer isto, únicamente deberá solicitalo na Oficina Internacional dentro do horario de atención, a Oficina Internacional asignaralle unha hora para manter a entrevista. Do mesmo xeito, a Oficina Internacional poderá chamar a unha entrevista, nunha data e lugar concertado, a calquera estudante Erasmus, para tratar temas relativos á convivencia e proceso de aprendizaxe no centro.
Normas en caso de evacuación
No caso de escoitar a Alarma Acústica de Emerxencia, as normas para a evacuación do centro son as seguintes:
- Cada profesor/a evacúa unicamente a aula que lle é asignada na súa quenda de clase cara o Punto de Encontro (Praza de Irmán Gómez).
- Para a evacuación da aula, o alumnado colocarase nunha fila, que será encabezada polo profesor/a e rematada polo delegado/a (de forma que quede controlado todo o grupo). O profesor/a conta o alumnado presente.
- O profesor comproba que non queda ninguén dentro.
- Antes de sair o profesor asegúrase de que se pechan xanelas, portas e corte de suministro eléctrico (se existe, senón corte do interruptor de iluminación)
- O delegado/A marca que a aula foi evacuada e revisada
- A evacuación dirixirase cara ás vías de evacuación máis seguras (as sinalizadas nos planos de evacuación)
- Non se empregarán en ningún caso ascensores nin montacargas.
- As prioridades de evacuación entre as aulas serán as seguintes:
- En cada andar terá prioridade de saida a aula máis próxima á saida exterior
- Entre andares teñen prioridade de evacuación os andares máis baixos con respecto aos máis altos.