Guía do alumnado

Secretaría > Guía do alumnado
Información do Centro
Calendarios e Horarios
Solicitudes de convalidacións de créditos ECTS
  • Solicitaranse no momento de realización da matrícula a través deste formulario e na secretaría do centro (entrada por Virxe da Cerca). Xunto ao formulario aportarase toda a documentación solicitada no mesmo, sendo ésta imprescindible para poder cursar a solicitude.
  • Relación de recoñecementos de créditos asociados (publicarase cando remate de actualizarse) a disciplinas das Ensinanzas Superiores de Deseño concedidos.
    Se os vosos estudos non figuran na relación anterior, pódese solicitar igualmente a convalidación. Neste caso o/a estudante deberá esperar á resolución da comisión avaliadora para coñecer o resultado da solicitude. Se os estudos figuran na relación anterior, xa podedes saber que créditos se vos recoñecerán pola comisión, tendo que presentar a solicitude igualmente e esperar á resolución da mesma para que se produza o recoñecemento oficial dos mesmos.
TIC's
 

Procedemento de solicitude de software para os computadores.
O alumnado recibirá un mail que lle dará acceso á descarga e uso do software de deseño dos seus estudos na dirección mail facilitada na súa matrícula. Este software é de uso persoal e intransferible, e deixará de funcionar no primeiro computador en que foi instalado no caso de detectarse a súa instalación noutro computador. No caso de que suceda isto é responsabilidade do alumnado implicado a compra do mesmo para poder continuar os seus estudos con normalidade. No caso de necesitar instalalo en dúas computadoras (unha portátil e unha de sobremesa) o alumnado terá que solicitalo. As licencias do software serán facilitadas sempre que o alumnado estea matriculado e teña unha asistencia regular no seu horario lectivo. A baixa nos estudos implicará a baixa na licenza do software.

Procedemento de solicitude de uso da rede wifi
 
  • O alumnado que o desexe, enviará un mail coa información necesaria explicada no protocolo de solicitude á dirección: wifieasd@gmail.com, solicitando que se lle dé acceso. A solicitude soamente pode facerse para un dispositivo por alumna/o (computador portátil) co que se vaia traballar nas aulas.
  • Os/as estudantes que xa tiñan permiso o pasado curso, deberán solicitalo de novo.
Información sobre servizos
  • Biblioteca
  • Secretaría. Horario de atención ao público: de 10:00 a 13:00 horas, de luns a venres -excepto agosto (consultar horario de verán)
  • Secretaría virtual. Consultar co titor de grupo a forma de acceso
  • Aula virtual. Consultar co profesor que imparte cada materia a forma de acceso e o modo de emprego da aula virtual na súa materia.
  • Fotocopiadoras. Na Conserxería situada no primeiro andar existe un servizo de fotocopiadora dispoñible para alumnado e profesorado do centro. O horario coincide co horario de apertura do centro.
  • Cafetería. O centro dispón de 2 microondas, unha fonte, máquina de café e máquina de bebidas e outra máquina con diversos produtos no primeiro andar, así como varias mesas e cadeiras situadas nesa zona e que poden ser empregadas polo alumnado.
  • Dirección, Vicedirección e Xefatura de Estudios. Os despachos do equipo directivo atópanse no 2º andar. Na porta pódense consultar os horarios de atención ao público de cada cargo.
  • Departamentos das distintas Ensinanzas.
    • Departamento de Técnicas Escultóricas e Xoiaría Artística: 1º andar (xunto á cafetería).
    • Departamento de Deseño de Produto. 2º andar (pegado ás escaleiras metálicas).
    • Departamento de Deseño de Moda I. 3º andar (pegado ás escaleiras metálicas).
    • Departamento de Deseño de Moda II. 4º andar (pegado ás escaleiras metálicas).
    • Departamento de Fotografía. 3º andar (fronte á aula 30).
  • Para solicitar o carné de Alumnado : Para solicitar o Carné de Alumno/a da EASD Mestre Mateo cómpre dirixirse á Secretaria situada no acceso principal do Centro e acompañar foto tamaño carné.
  • Servicio de Orientación e Información Profesional. Responsable: Ramón Rodríguez Dominguez. Servizo de atención para todo o alumnado da escola en materia de orientación e información profesional. Préstase asesoramento sobre:- búsqueda activa de emprego- autoemprego e posta en marcha dun proxecto empresarial. Horario de atención ó alumnado no departamento de Moda (4º Andar): Martes de 12:20 a 14:20.
  • ACCIÓN TITORIAL O alumnado que o desexe poderá solicitar ao seu titor/a de ensinanza unha reunión para tratar os asuntos que lle resulten convenientes cara ao máximo aproveitamento do seu proceso de aprendizaxe (relativos a convivencia, asuntos privados, etc que poidan afectar a iste proceso). Para facer isto, únicamente deberá solicitalo ao seu titora/or de ensinanza ao remate de calquera sesión de clase que lle imparta, e o/a docente asignaralle unha hora e lugar para manter a entrevista. Do mesmo xeito, a titora/or de ensinanza poderá chamar a unha entrevista, nunha data e lugar concertado, a calquera alumna/o da súa titoría, para tratar temas relativos á convivencia e proceso de aprendizaxe no centro.
Elección de delegado/a de grupo
 

Procedemento de elección de delegado/a

  1. O alumnado de cada curso que se imparta na escola, elixirá, por sufraxio directo, secreto e non delegable no prazo máximo de un mes desde o inicio do curso escolar, unha persoa delegada de curso, que formará parte da xunta de representantes do alumnado. Elixirase tamén unha persoa subdelegada que substituirá a delegada en caso de ausencia ou enfermidade e que a apoiará nas súas funcións.
  2. As eleccións de representantes do alumnado, así como a do delegado ou delegada que presidirá a xunta, serán convocadas pola xefatura de estudos, e organizadas por ela en colaboración cos/coas titores/as e os/as representantes do alumnado na xunta de escola.

Funcións dos delegados de grupo:

  • Asistir ás reunións da xunta de representantes do alumnado e participar nas súas deliberacións.
  • Expoñer ás autoridades académicas as suxestións e reclamacións do grupo ao que representan.
  • Fomentar a convivencia entre o alumnado do seu curso.
  • Colaborar co profesorado e co equipo directivo da escola para o bo funcionamento desta.
  • Coidar da adecuada utilización do material e das instalacións da escola.

Os/as representantes do alumnado non poderán ser sancionados/as polo exercicio das súas funcións como voceiros/as dos alumnos e alumnas, nos termos da normativa vixente.

DATA LÍMITE de elección e comunicación de delegado/a e subdelegado/a ao Xefe de Estudos, a indicada polo titor do grupo en cada curso

Normas en caso de evacuación
 

No caso de escoitar a Alarma Acústica de Emerxencia, as normas para a evacuación do centro son as seguintes:

  • Cada profesor/a evacúa unicamente a aula que lle é asignada na súa quenda de clase cara o Punto de Encontro (Praza de Irmán Gómez).
  • Para a evacuación da aula, o alumnado colocarase nunha fila, que será encabezada polo profesor/a e rematada polo delegado/a (de forma que quede controlado todo o grupo). O profesor/a conta o alumnado presente.
  • O profesor comproba que non queda ninguén dentro.
  • Antes de sair o profesor asegúrase de que se pechan xanelas, portas e corte de suministro eléctrico (se existe, senón corte do interruptor de iluminación)
  • O delegado/A marca que a aula foi evacuada e revisada
  • A evacuación dirixirase cara ás vías de evacuación máis seguras (as sinalizadas nos planos de evacuación)
  • Non se empregarán en ningún caso ascensores nin montacargas.
  • As prioridades de evacuación entre as aulas serán as seguintes:
    • En cada andar terá prioridade de saida a aula máis próxima á saida exterior
    • Entre andares teñen prioridade de evacuación os andares máis baixos con respecto aos máis altos.