A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional vén de publicar a resolución pola que se convocan as probas e se ditan as instrucións para o acceso e admisión ás Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o vindeiro curso.
Esta convocatoria está dirixida a todas as persoas que desexen cursar os ciclos formativos (Grao Medio ou Grao Superior) que se imparten na nosa escola.
Calendario do proceso:
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de xuño de 2026.
Procedemento de inscrición
Ao igual que nas Ensinanzas Superiores, a solicitude deberá realizarse preferentemente de xeito telemático a través da aplicación www.edu.xunta.es/eas, empregando o certificado dixital ou o sistema de identificación Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas aspirantes que teñan pasaporte e non dispoñan de DNI/NIE deberán realizar a inscrición directamente na secretaría do centro.
As persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade estranxeiro (NIE) deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nos centros onde desexen cursar as ensinanzas.
Máis información
Podes consultar todos os detalles sobre os requisitos de titulación, exencións das probas e tribunais no seguinte enlace oficial:
👉 Acceso á resolución e instrucións completas (Portal Educativo)
Desde a EASD Mestre Mateo convidamos a todo o futuro estudantado a revisar con tempo a documentación necesaria para non perder os prazos de inscrición nestas ensinanzas profesionais.
O futuro das artes agárdate na EASD Mestre Mateo:
- CFGS en Fotografía.
- CFGS en Técnicas Escultóricas.
- CFGS en Xoiaría Artística.
- Oferta modular: Taller de Dourado e Prateado.


