Fotografía

TITULACIÓN
(Ciclo corto – MECES 1 – EQF 5):
Técnico Superior Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, na especialidade de Fotografía

DURACIÓN
2 anos

Nº CRÉDITOS
120

CARÁCTER
Presencial
MÓDULOS | Horas totais | ECTS |
CURSO PRIMEIRO -1º, 2º e 3º trimestre- | ||
1. Fundamentos da representación e a expresión visual | 144 | 8 |
2. Teoría da imaxe | 72 | 4 |
3. Historia da fotografía | 72 | 4 |
4. Medios informáticos | 144 | 8 |
5. Técnica fotográfica I | 216 | 10 |
6. Proxectos de fotografía I | 288 | 18 |
7. Linguaxe e tecnoloxía audiovisual I | 144 | 8 |
CURSO SEGUNDO – 1º e 2º trimestre- | ||
8. Teoría fotográfica | 144 | 8 |
9. Técnica fotográfica II | 144 | 8 |
10. Proxectos de fotografía II | 216 | 8 |
11. Linguaxe e tecnoloxía audiovisual II | 144 | 8 |
12. Formación e orientación laboral | 72 | 4 |
CURSO SEGUNDO -3ºtrimestre- | ||
Proxecto integrado | 50 | 18 |
Formación práctica en empresas, estudios ou talleres | 150 | 6 |
TOTAL | 2.000 | 120 |
O fotógrafo profesional pode exercer a súa actividade ben desde un estudio propio ou dentro de organizacións e empresas diversas (editoriais, xornais, científicas, deseño, publicidade…).
A crecente importancia da comunicación visual en tódolos eidos fai que a fotografía supoña unha ferramenta esencial en moitísimos sectores industriais, artísticos e sociais.
Os sectores con máis demanda son o xornalismo, o da reportaxe social, o científico, o mundo da moda e o deseño, a fotografía deportiva, documentalismo… sen olvidar o da creación artística desde as bases da fotografía e da comunicación audiovisual.

O Técnico Superior en Fotografía debe ser un profesional capaz de crear e interpretar obras artísticas fotográficas e audiovisuais, no campo da publicidade, o deseño, a moda, a reportaxe social, a industria, a ciencia, o mundo editorial, o fotoxornalismo e a arte.
A fotografía constitúese nunha ferramenta básica nos diferentes eidos da ciencia, vida social e da arte; a capacitación de profesionais de alto nivel constitúese nunha demanda crecente desde todos estes sectores.
Como consecuencia disto, o ciclo superior de fotografía artística ven de ter desde a súa implantación unha alta demanda entre o alumnado, así como un alto índice de inserción profesional entre os titulados.