Deseño de produto

Oferta formativa > Graos > Deseño de produto

TITULACIÓN
(Primer ciclo – MECES 2 – EQF 6):
Grao de Deseño de Produto

DURACIÓN
4 anos

Nº CRÉDITOS
240

CARÁCTER
Presencial

 

DISCIPLINA Caráct. Tipo Horas clase/sem Créditos ECTS
1º CURSO – Itinerario común (Xeral/ Xoiaría e Complementos)
Debuxo artístico F.B. T.P. 5 10
Volume F.B. T.P. 4 8
Sistemas de representación F.B. T.P. 2 6
Tecnoloxía Dixital F.B. T.P. 3 6
Fundamentos do Deseño F.B. T.P. 2 4
Deseño básico F.B. T.P. 3 8
Historia das artes e o deseño F.B. T. 3 6
Ciencia aplicada ao deseño F.B. T. 2 6
Debuxo técnico aplicado ao deseño de produtos O.E. T.P. 3 6
  Total: 27 60
     
2º CURSO
Itinerario común (Xeral/ Xoiaría e Complementos)
Ergonomía e Antropometría O.E. T. 2 4
Historia do Deseño Industrial O.E. T. 2 4
Deseño Gráfico Aplicado aos Produtos O.E. T.P. 3 6
Materiais I O.E. T. 2 4
Tecnoloxía Dixital Aplicada O.E. T.P. 4 8
Mercadotecnia O.E. T. 2 4

1 Disciplina Optativa

Itinerario Xeral: elexir entre Debuxo técnico II ou Ecodeseño

Itinerario Xoiaría e complementos: elexir entre: Complementos I ou Procesos de investigación e innovación en complementos de xoiaría I

Op. —- 2 6
Itinerario: Xeral
Modelos e Prototipos I O.E. T.P. 5 8
Proxectos de Deseño de Produto I O.E. T.P. 6 16
Itinerario: Xoiaría e Complementos (DUAL)
Técnicas de Produción I O.E. T.P. 5 8
Procesos de Deseño de Xoiaría e Complementos I O.E. T.P. 6 16
  Total: 26 60
     
3º CURSO
Organización e lexislación F.B. T. 2 4
Oficina técnica: Organización Industrial e de Calidade O.E. T. 2 4
Envases e embalaxes O.E. T.P. 2 8
Cultura do deseño F.B. T. 2 6
Optativa Op. —- 2 6
Itinerario: Xeral
Modelos e prototipos II O.E. T.P. 7 10
Proxectos de Deseño de Produto II O.E. T.P. 10 18
Materiais II: Xeral O.E. T. 2 4
Itinerario: Xoiaría e Complementos (DUAL)
Técnicas de Produción II O.E. T.P. 7 10
Procesos de Deseño de Xoiaría e Complementos II O.E. T.P. 10 18
Materiais II: Xoiaría e Complementos O.E. T. 2 4
  Total: 20 60
     
4º CURSO
Itinerario común (Xeral/ Xoiaría e Complementos)
Prácticas Externas O.E. P. —- 12
Traballo Fin de Estudos O.E. T.P. —- 18
Equipamento Persoal O.E. T.P. 4 6
Optativa O.E. —- 4 6
Itinerario: Xeral
Proxectos de Deseño de Produtos III O.E. T.P. 8 12
Equipamento de Espazos O.E. T.P. 4 6
Itinerario: Xoiaría e Complementos (DUAL)
Procesos de Deseño de Xoiaría e Complementos III O.E. T.P. 8 12
Técnicas de Produción III O.E. T.P. 4 6
  Total 4º Curso: – – – 60

Caract.= carácter da materia; F.B.= Formación Básica; O.E.= Obrigada na especialidade; OP.= Optativa

Tipo: T= Teórica; T.P.= Teórico-práctica; P= Práctica

Guías docentes consulta aquí

O ámbito de inserción profesional dun Deseñador de Produto é amplo e abrangue todos os sectores produtivos nos que se elaboren obxectos de consumo ou os seus envases e embalaxes.

Sectores como o do mobiliario, xoiaría, iluminación, tenda de xoguetes e material infantil, automoción, náutica, útiles domésticos, envases, elementos construtivos, material deportivo… demandan deseñadores altamente cualificados para a creación e desenvolvemento de produtos destinados ao mercado, onde a través da diferenciación, a mellora do deseño e a calidade final se alcanza o éxito comercial.

O alumnado que finaliza os estudos de Deseño de Produto ten unha alta inserción profesional, en estudos independentes de deseño ou incorporándose aos departamentos creativos de empresas de todos os sectores produtivos.

Isto esixe forxar profesionais cunha sólida formación multidisciplinar que lles permita a adaptabilidade aos diferentes sectores onde desenvolven a súa carreira profesional.

Os ámbitos principais onde desenvolve a súa actividade son:

 

  • Deseño de envases e embalaxes.
  • Deseño de calzado.
  • Deseño de xoguetes.
  • Deseño de electrodomésticos.
  • Deseño de mobiliario para o hábitat.
  • Deseño de mobiliario de oficina.
  • Deseño de elementos urbanos.
  • Deseño de iluminación e luminarias.
  • Deseño no ámbito da automoción.
  • Deseño de ferramentas e accesorios.
  • Deseño de produto cerámico.
  • Deseño de sanitarios e billas.
  • Deseño para a artesanía.
  • Deseño para condicións especiais.
  • Deseño téxtil.
  • Enxoval.
  • Deseño de sistemas.
  • Xestión do deseño.
  • Desenvolvemento de produto.
  • Deseño, investigación e desenvolvemento de novos conceptos, materiais, aplicacións e produtos.
  • Investigación e docencia.
SAÍDAS PROFESIONAIS

 

 

Competencias transversais do título superior de Deseño

Ao rematar os seus estudos os/as titulados/as superiores de Deseño deben posuír as seguintes competencias transversais:

T1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T5. Comprender e utilizar, polo menos, unha lingua estranxeira no ámbito do seu desenvolvemento profesional.

T6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.

T7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.

T8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T9. Integrarse adecuadamente en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.

T10. Liderar e xestionar grupos de traballo.

T11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, ambiental e cara á diversidade.

T12. Adaptarse, en condicións de competitividade, aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.

T13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

T14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

T15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

T16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e ambiental.

T17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.

 

 

Competencias xerais do título superior de Deseño

Ao rematar os seus estudos os/as titulados/as superiores de Deseño deben posuír as seguintes competencias xerais:

X1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

X2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

X5. Actuar como mediadores/as entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.

X6. Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.

X7. Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.

X8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.

X9. Investigar nos aspectos intanxibles e simbólicos que inciden na calidade.

X10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

X11. Comunicar ideas e proxectos aos/ás clientes/as, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.

X12. Afondar na historia e na tradición das artes e o deseño.

X13. Coñecer o contexto económico, social e cultural en que ten lugar o deseño.

X14. Valorar a dimensión do deseño como factor de igualdade e de inclusión social e como transmisor de valores culturais.

X15. Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros/as profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade.

X16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sustentables.

X17. Propoñer, avaliar e desenvolver estratexias de aprendizaxe adecuadas ao logro de obxectivos persoais e profesionais.

X18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.

X20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

X21. Dominar a metodoloxía de investigación.

X22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas de mercado.

 

 

Competencias específicas do título superior de Deseño na especialidade de Produto

Ao rematar os seus estudos os/as titulados/as superiores de Deseño na especialidade de Deseño de Produto deben posuír as seguintes competencias específicas:

EP1. Determinar as características finais dos produtos, servizos e sistemas coherentes cos requisitos e relacións estruturais, organizativas, funcionais, expresivas e económicas definidas no proxecto.

EP2. Resolver problemas proxectuais mediante a metodoloxía, destrezas e procedementos adecuados.

EP3. Propoñer, avaliar e determinar solucións alternativas a problemas complexos de deseño de produtos e sistemas.

EP4. Valorar e integrar a dimensión estética en relación ao uso e funcionalidade do produto.

EP5. Analizar modelos e sistemas naturais e as súas aplicacións no deseño de produtos e sistemas.

EP6. Determinar as solucións construtivas, os materiais e os principios de produción adecuados en cada caso.

EP7. Coñecer as características, propiedades físicas e químicas e comportamento dos materiais utilizados no deseño de produtos, servizos e sistemas.

EP8. Coñecer os procesos para a produción e desenvolvemento de produtos, servizos e sistemas.

EP9. Dominar os recursos gráfico-plásticos da representación bidimensional e tridimensional.

EP10. Producir e comunicar a información adecuada relativa á produción.

EP11. Coñecer os recursos tecnolóxicos da comunicación e as súas aplicacións ao deseño de produto.

EP12. Dominar a tecnoloxía dixital específica vinculada ao desenvolvemento e á execución de proxectos de deseño de produto.

EP13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico no que se desenvolve o deseño de produto.

EP14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.

EP15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

 

As Ensinanzas Superiores de Deseño só se poden cursar en modalidade presencial.

 

Matrícula

A primeira matrícula deberá realizarse por curso completo.

Nas seguintes matrículas, o número mínimo de créditos matriculados por curso académico será de 30, e o máximo será de 75. Non se terá en conta a estes efectos os créditos asociados ás disciplinas nas que o alumnado teña solicitado e obtido o recoñecemento.

De ser o caso, será obrigatoria a matrícula en tódalas disciplinas pendentes.

Renuncia de matrícula. O alumnado poderá solicitala en setembro ante a Dirección da Escola. Non implicará a devolución de taxas.

 

 

Convocatorias

Número de convocatorias:
En cada curso haberá dúas convocatorias para cada disciplina (ordinaria e extraordinaria).
Disponse de 4 convocatorias para superar cada disciplina -agás para as Prácticas externas e para o Traballo de fin de grao, que serán 2 convocatorias-.
Esgotadas as convocatorias, poderá solicitarse ao Director da Escola a concesión dunha convocatoria extraordinaria, alegando causa xustificada, no prazo de 5 días dende que se comunica a cualificación que esgota a cuarta convocatoria.

Anulación de convocatoria:
Non se presentar ás probas esgota convocatoria, salvo que se solicite a súa anulación.
Os prazos para solicitar a anulación de convocatorias (ordinaria e extraordinaria) pódense consultar no Calendario Escolar de cada cuso publicado na web

As solicitudes de anulación deberá dirixirse ao Director da Escola, acreditando unha causa xustificada, non sendo admisible a simple falta de rendemento académico.

 

 

Permanencia

A permanencia máxima na Escola será de 8 cursos académicos por especialidade.

 

 

Avaliación

A avaliación é continua. A asistencia do alumnado a clase é obrigatoria.
Os criterios de avaliación especificaranse nas programacións didácticas.

A avaliación do Traballo de fin de grao requirirá ter aprobadas a totalidade das demais materias do plan de estudos.

As cualificacións serán numéricas, de 0 a 10 cun decimal, e poderá engadirse cualificación cualitativa:

0 – 4,9 : suspenso (SS)
5,0 – 6,9: aprobado (AP)
7,0 – 8,9: notable (NT)
9,0 – 10: sobresaínte (SB

A mención de matrícula de honra poderase outorgar a alumnos/ás con cualificación de 9,0 ou superior, ata un número máximo dunha por materia.

 

 

Materias chave

 
 
1º curso 2º curso 3º curso
Tecnoloxía dixital Tecnoloxía dixital aplicada  
Volume Modelos e prototipos I  
Hª das Artes e o deseño Hª do deseño industrial  

Deseño básico

Fundamentos do deseño

Proxectos de deseño de produto I Proxectos de deseño de produto II
  Modelismo e prototipos Proxectos de deseño de moda
Ciencia Aplicada ao deseño Materiais I Materiais II
  Deseño gráfico aplicado aos produtos Envases e embalaxes

 

 

Reclamacións

Poderá presentarse reclamación contra as cualificacións finais ante o Director da Escola, no prazo de dous días hábiles dende a comunicación pública da cualificación. Descargar o modelo para presentar as reclamacións aquí

 

 

Idioma en que se imparte o título

Galego e Castelán