Biblioteca

A Escola > Biblioteca

HORARIO DE APERTURA

A sala de lectura está aberta de 8.00h a 21.00h. de luns a xoves; e de 8:00h. a 15.00h. os venres. Nese horario poderase facer uso dos postos de lectura e dos ordeadores que son de acceso público.

Horario de préstamo 2025/26

Luns: 11.20 a 12.20h.; 13.20 a 14.20h.; 15.40 a 17.40h.

Martes: 9.00 a 11.00h.; 12.20 a 13.20h.; 14.40 a 20.00h.

Mércores: 11.20 a 14.20h.; 18.00 a 20.00h.

Xoves: 10.00 a 13.20h.; 14.40 a 15.40h.

Venres: 9.00 a 11.00h.; 12.00 a 14.00h.

O ordenador do punto de atención ao público é de acceso exclusivo para o profesorado.

Normas de uso

Teñen como obxectivo garantir unha boa convivencia entre @s usuari@s da Biblioteca, así coma o mantemento dos fondos bibliográficos, mobiliario e equipos informáticos en estado óptimo.

Cómpre respectar as seguintes normas, por tanto, para o beneficio de tod@s:

NORMAS XERAIS

  • Polo ben de tod@s, prégase manter silencio.
  • Prégase ademáis manter o teléfono e o ordenador silenciados.
  • En caso de empregar auriculares, convén asegurarse de que o volume non molesta ás outras usuarias e usuarios.
  • Para evitar accidentes que poidan deteriorar os fondos bibliográficos e/ou os ordenadores, prégase non introducir bebidas nin comidas na sala, así como velar polo coidado deles.
  • En beneficio de todas e todos, convén deixar ordenada a Biblioteca despois de ser utilizada.

USO DOS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS

  • Os fondos serán retirados e devoltos ás estanterías polo profesorado encargado da Biblioteca. Actualmente estase implementando un novo sistema de ordenación destes fondos. Recoméndase consultar a seguinte guía.
  • Prégase ás usuarias e usuarios que, unha vez consultadas as obras, NON as devolvan ás estanterías, xa que un erro na súa colocación supón o extravío das mesmas. Por tanto, unha vez consultadas, serán entregadas ao profesorado encargado.

PRÉSTAMO

  • Só poderán retirar obras en préstamo domiciliario os membros da comunidade escolar da Escola (profesorado, alumnado e persoal de administración e servizos), aportando o Documento Nacional de Identidade (DNI) ou pasaporte.
  • O período de préstamo será de 15 días, que poderán ser prorrogables salvo que outr@ usuari@ reservara esa mesma obra.
  • O máximo de obras que poden ser emprestadas simultáneamente será de 3.
  • Os préstamos realizaranse no horario previsto, polo profesorado encargado.
  • Os libros de consulta xeral non poderán ser obxecto de préstamo a domicilio. Deberán ser consultados en sala.
  • @ usuari@ que deteriore ou perda unha obra deberá repoñela.
  • O retraso na devolución das obras sanciónase automáticamente coa prohibición de préstamo polo mesmo tempo da demora.
  • Todo retraso que exceda os 15 días, sen causa xustificada, implicará a prohibición de novos préstamos durante ese curso.

USO DOS ORDENADORES DA SALA

  • Os ordenadores son ferramentas de consulta e busca de información con fins educativos.
  • Prohíbese o seu uso para fins diferentes a estes propósitos (xogos, chats…)