Política de calidade

A Escola > Política de calidade

Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia

A política de calidade da Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia, ten unha implicación clara e un compromiso definido coa excelencia educativa, como se describe na nosa Misión, Visión e Valores.

Misión

Garantir a calidade da ensinanza e promover a excelencia educativa no eido do deseño, a cultura e as artes na Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia con sedes en: A Coruña (EASD Pablo Picasso), Lugo (EASD Ramón Falcón), Ourense (EASD Antonio Faílde) e Santiago de Compostela (EASD Mestre Mateo).

Actuar de acordo cos requirimentos sociais de formación nas Ensinanzas Artísticas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño e nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño, determinando os elementos que actúan sobre a mellora na labor educativa destes centros para, en consecuencia, ratificalos, modificalos ou substituílos coa finalidade de asegurar a súa innovación, actualización e calidade, garantindo a cualificación dos futuros profesionais formados nestes centros atendendo as demandas da contorna económica, social e cultural.

Visión

A Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño como centros especializados na formación de deseñadores/as e traballadores/as das profesións artísticas en Galicia, proporciona unha ensinanza cun enfoque contemporáneo dende o respecto a tradición e o patrimonio cultural, integrando teoría e práctica, artesanía e tecnoloxía, prosperidade e sostibilidade.

A formación nas EASD está baseada na metodoloxía proxectual, a implementación das novas tecnoloxías, os procesos creativos e a docencia en aulas e talleres en consonancia co carácter multidisciplinar dos centros. O seu obxectivo é contribuír positivamente no desenvolvemento persoal, educativo e social do alumnado e, asemade, dar resposta ás necesidades e demandas do noso ámbito socioeconómico no conxunto da comunidade galega.

Proporcionamos ao alumnado unha formación integral cara a facilitar a participación activa como cidadáns do seculo XXI, enfocada a desenvolver estándares estéticos e funcionais en sintonía coas propostas máis actuais do deseño en materia de responsabilidade social e medioambiental.

Estimulando a innovación, a especialización académica ou profesional, ou ben promover tarefas de investigación no eido do deseño, cara a ofrecer novas posibilidades ás empresas, estudos, talleres e institucións do contorno produtivo, social e cultural para unha forma de vida mais sostible.

Valores

A Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño orientamos as nosas accións na:

Convivencia

CONVIVENCIA E RESPECTO, impulsando a igualdade entre homes e mulleres e o cumprimento das Normas de Organización e Funcionamento dos centros, co obxectivo de acadar un clima propicio para o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

oferta formativa

CALIDADE como prioridade no proceso educativo, adaptándonos aos novos retos do Espazo Europeo da Educación Superior e contribuíndo ao logro das actuacións e os obxectivos de calidade establecidos no Plan estratéxico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Colaboración

IMPLICACIÓN e CERCANÍA, fomentando a participación de todos os sectores da comunidade educativa nos proxectos funcionais dos centros.

mellora continua

INNOVACIÓN, implementando novas formas e modelos de aprendizaxe, tecnoloxías e investigación desenvolvendo a autonomía pedagóxica dos centros.

SOSTIBILIDADE, priorizando os obxectivos de desenvolvemento sostible recollidos na Axenda 2030.

contribuir

COOPERACIÓN, favorecendo a transmisión horizontal de coñecementos e a creación de sinerxias entre especialidades e, asemade, fomentando o traballo en equipos multidisciplinares diversos.

conexión

INTERCULTURALIDADE, a través do fomento de relacións de intercambio cultural e educativo con outras entidades estatais e internacionais.

Impulsar

EMPRENDEMENTO, fomentando o espírito emprendedor e o desenvolvemento de actividades empresariais, de auto-emprego e de innovación.

enlaces

ALIANZAS COA CONTORNA, fomentando a formación nas empresas, estudios e talleres, así como a participación de profesionais do sistema produtivo, artístico e cultural na impartición de docencia.

aptitudes

CAPACIDADE DE ANÁLISE e AUTOCRÍTICA, na constante procura de oportunidades de mellora.

Esta Política de Calidade servirá de marco de referencia para establecer e revisar o Plan estratéxico e os obxectivos de calidade da Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia.

As direccións das Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia revisarana, polo menos unha vez ao ano, para verificar a súa adecuación á forma real de traballo da Rede (das ditas Escolas).

Co fin de que sexa coñecida por todo o persoal dos centros, a Política de calidade exporase publicamente nas instalacións da Rede de Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia e divulgarase por calquera outro medio.

EASD