Identidade corporativa
A Escola > Identidade corporativa
A marca da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo está a disposición de aquel que a necesite no contexto da nosa comunidade educativa:
- Para o alumnado para utilizar nos proxectos e traballos realizados no marco das ensinanzas impartidas na Escola.
- Para o profesorado para o material académico e proxectos elaborados no marco educativo da Escola.
- Para profesorado e PAS para o seu uso no material administrativo e promocional emitido polo centro.
Cando se trate de colaboracións con institucións alleas á Escola, para poder utilizar a marca EASD Mestre Mateo deberase solicitar permiso explícito a través de escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es