Xoiaría artística
TITULACIÓN
(Ciclo corto – MECES 1 – EQF 5):
Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, na especialidade de Xoiaría Artística
DURACIÓN
2 anos
Nº CRÉDITOS
1.875
CARÁCTER
Presencial
MÓDULOS | Horas totais | Horas semanais |
CURSO PRIMEIRO -1º, 2º e 3º trimestre- | ||
1. Historia da ourivería, xoiaría e bixutería | 95 | 3 |
2. Debuxo artístico e cor | 95 | 3 |
3. Debuxo técnico | 95 | 3 |
4. Proxectos de xoiaría | 445 | 14 |
horas de libre disposición: proxectos de xoiaría | 65 | 2 |
5. Tecnoloxía e microfusión | 165 | 5 |
CURSO SEGUNDO – 1º e 2º trimestre- | ||
1. Modelado e maquetismo | 95 | 4 |
2. Taller de xoiaría | 420 | 19 |
3. Xemoloxía | 95 | 4 |
4. Formación e orientación laboral | 65 | 3 |
CURSO SEGUNDO -3ºtrimestre- | ||
Proxecto final | 135 | |
Formación práctica en empresas, estudos ou talleres | 105 | |
TOTAL | 1.875 | 120 |
Dende o taller artesanal ás empresas que utilizan as últimas técnicas de producción de xoias, o/a técnico/a superior en xoiaría artística ten diante de si un dos sectores máis dinámicos da nosa Comunidade, e que demanda man de obra altamente cualificada.
A capacitación profesional dun técnico superior en xoiaría artística inclúe non só o traballo proxectual de concepción e deseño da peza; inclúe o dominio das técnicas tradicionais: calados, cicelado, soldadura, gravado ou técnicas de fundición á cera perdida.
Pero en pleno século XXI o técnico en xoiaría debe ser un profesional capaz de adaptarse ás novas tendencias do mercado, aos novos materiais e últimas correntes en deseño.
A xoiaría ten unha fonda tradición artística en Compostela, desde a propia orixe da cidade. Gremios como os dos prateiros ou os acibecheiros foron merecedores de gran prestixio.
Herdeiros de toda esta tradición xoieira na nosa cidade, a EASD Mestre Mateo vén de formar xeracións de xoieiros de toda Galicia. Xuntar o legado da tradición xoieira coas novas tecnoloxías de produción e a conexión coas últimas tendencias en deseño de xoias, é o reto ao que se enfrontan estes estudos.
Coñecer as tendencias do mercado, explorar novas liñas de deseño e indagar na renovación de formas e materiais convértese nuns dos eixes da metodoloxía destas ensinanzas.