Deseño de moda
TITULACIÓN
(Primer ciclo – MECES 2 – EQF 6):
Grao de Deseño de Moda
DURACIÓN
4 anos
Nº CRÉDITOS
240
CARÁCTER
Presencial
DISCIPLINA | Caráct. | Tipo | Horas clase/sem | Créditos ECTS |
1º CURSO | ||||
Debuxo artístico | F.B. | T.P. | 5 | 10 |
Volume | F.B. | T.P. | 4 | 8 |
Sistemas de representación | F.B. | T.P. | 2 | 6 |
Tecnoloxía Dixital | F.B. | T.P. | 3 | 6 |
Fundamentos do Deseño | F.B. | T.P. | 2 | 4 |
Deseño básico | F.B. | T.P. | 3 | 8 |
Historia das artes e o deseño | F.B. | T. | 3 | 6 |
Ciencia aplicada ao deseño | F.B. | T. | 2 | 6 |
Patronaxe básica | O.E. | T.P. | 3 | 6 |
Total: | 27 | 60 | ||
2º CURSO | ||||
Estruturas | O.E. | T.P. | 2 | 4 |
Deseño gráfico aplicado á moda | O.E. | T.P. | 2 | 6 |
Deseño de moda I | O.E. | T.P. | 3 | 8 |
Técnicas creativas | O.E. | T.P. | 2 | 4 |
Modelismo e prototipos | O.E. | T.P. | 4 | 12 |
Tecnoloxía téxtil I | O.E. | T.P. | 2 | 4 |
Materias téxtiles I | O.E. | T.P. | 3 | 6 |
Patronaxe I | O.E. | T.P. | 3 | 6 |
Historia da moda | O.E. | T. | 3 | 6 |
Mercadotecnia da moda | O.E. | T. | 2 | 4 |
Total: | 26 | 60 | ||
3º CURSO | ||||
Fotografía e moda | O.E. | T.P. | 3 | 6 |
Cultura do deseño | F.B. | T. | 3 | 6 |
Organización e lexislación | F.B. | T. | 2 | 4 |
Tecnoloxía téxtil II | O.E. | T. | 2 | 4 |
Materias téxtiles II | O.E. | T. | 2 | 6 |
Deseño de moda II | O.E. | T.P. | 4 | 8 |
Proxectos de deseño de moda | O.E. | T.P. | 5 | 12 |
Patronaxe II | O.E. | T.P. | 3 | 8 |
Complementos e estilismo | O.E. | T.P. | 2 | 6 |
Total: | 26 | 60 | ||
4º CURSO – PRIMEIRO SEMESTRE | ||||
Estilismo escénico | OP. | T.P. | 4 | 6 |
Comunicación audiovisual | OP. | T.P. | 4 | 6 |
Patronaxe CAD | OP. | T.P. | 4 | 6 |
Ilustración creativa | OP. | T.P. | 4 | 6 |
Deseño de moda infantil | OP. | T.P. | 4 | 6 |
Comunicación profesional | OP. | T.P. | 4 | 6 |
Deseño de estampación | OP. | T.P. | 4 | 6 |
Arquitectura efémera: Escaparatismo | OP. | T.P. | 4 | 6 |
Imaxe global. Branding | OP. | T.P. | 4 | 6 |
Deseño de Xoiaría | OP. | T.P. | 4 | 6 |
Xoiaría 3D | OP. | T.P. | 4 | 6 |
Total optativas | OP. | — | 20 | 30 |
4º CURSO – SEGUNDO SEMESTRE | ||||
Prácticas externas | O.E. | P. | – – – | 12 |
Traballo de fin de estudos (TFE) | O.E. | T.P. | – – – | 18 |
Total 4º Curso: | – – – | 60 |
Caract.= carácter da materia; F.B.= Formación Básica; O.E.= Obrigada na especialidade; OP.= Optativa
Tipo: T= Teórica; T.P.= Teórico-práctica; P= Práctica
As ensinanzas de Deseño de Moda buscan a capacitación profesional que permita unha rápida incorporación ao mercado laboral: xa sexa poñendo en marcha o seu propio proxecto, ou entrando a formar parte dos departamentos de deseño de empresas punteiras do mundo da moda.
O deseñador de moda é un profesional capaz de configurar material e formalmente os produtos de deseño téxtil e da indumentaria en distintos ámbitos, atendendo as necesidades e as tendencias do mercado, de creatividade, de innovación e a súa viabilidade técnico-produtiva, económica, medio-ambiental e sociocultural. Os ámbitos principais onde desenvolve a súa actividade son:
- Deseño de moda e indumentaria.
- Coolhunter – Investigación de tendencias.
- Estilismo.
- Dirección artística.
- Vestiario teatral e cinematográfico.
- Deseño de complementos.
- Deseño téxtil.
- Deseño e xestión de imaxe corporativa.
- Xestión empresarial de actividades creativas.
- Deseños personalizados ou corporativos.
- Deseño de moda e indumentaria para actividades especificas.
- Figurinos.
- Xastraría e confección á medida.
- Deseño, investigación e desenvolvemento de novos conceptos, materiais, aplicacións e produtos.
- Investigación e docencia.
Competencias transversais do título superior de Deseño
Ao rematar os seus estudos os/as titulados/as superiores de Deseño deben posuír as seguintes competencias transversais:
T1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
T2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
T3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
T5. Comprender e utilizar, polo menos, unha lingua estranxeira no ámbito do seu desenvolvemento profesional.
T6. Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.
T7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.
T8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
T9. Integrarse adecuadamente en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.
T10. Liderar e xestionar grupos de traballo.
T11. Desenvolver na práctica laboral unha ética profesional baseada na apreciación e sensibilidade estética, ambiental e cara á diversidade.
T12. Adaptarse, en condicións de competitividade, aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.
T13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.
T14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.
T15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.
T16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e ambiental.
T17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.
Competencias xerais do título superior de Deseño
Ao rematar os seus estudos os/as titulados/as superiores de Deseño deben posuír as seguintes competencias xerais:
X1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.
X2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
X3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.
X4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.
X5. Actuar como mediadores/as entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio. X6. Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.
X7. Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.
X8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.
X9. Investigar nos aspectos intanxibles e simbólicos que inciden na calidade.
X10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.
X11. Comunicar ideas e proxectos aos/ás clientes/as, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.
X12. Afondar na historia e na tradición das artes e o deseño.
X13. Coñecer o contexto económico, social e cultural en que ten lugar o deseño.
X14. Valorar a dimensión do deseño como factor de igualdade e de inclusión social e como transmisor de valores culturais.
X15. Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros/as profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade.
X16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sustentables.
X17. Propoñer, avaliar e desenvolver estratexias de aprendizaxe adecuadas ao logro de obxectivos persoais e profesionais.
X18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.
X19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.
X20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.
X21. Dominar a metodoloxía de investigación.
X22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas de mercado.
Competencias específicas do título superior de Deseño na especialidade de Moda
Ao rematar os seus estudos, os/as titulados/as superiores de Deseño na especialidade de deseño de Moda, deben posuír as seguintes competencias específicas:
EM1. Xerar propostas creativas de deseño de moda e indumentaria adecuadas aos condicionamentos materiais, formais, estéticos, comunicativos e funcionais dos supostos de traballo.
EM2. Concibir e materializar proxectos de deseño de moda e indumentaria que integren os aspectos formais, materiais, técnicos, funcionais, comunicativos e de realización.
EM3. Coñecer as características, propiedades e comportamento dos materiais utilizados nos distintos ámbitos do deseño de moda e indumentaria.
EM4. Coñecer a maquinaria e os procesos de fabricación, produción e manufacturamento dos sectores vinculados ao deseño de moda e indumentaria.
EM5. Adecuar a metodoloxía e as propostas de deseño á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.
EM6. Fundamentar o proceso creativo en estratexias de investigación, metodolóxicas e estéticas.
EM7. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.
EM8. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e de realización que xurdan durante o desenvolvemento e a execución do proxecto.
EM9. Analizar os estudos de mercado e a súa incidencia no desenvolvemento de novos produtos e coleccións.
EM10. Coñecer os recursos tecnolóxicos da comunicación e as súas aplicacións ao deseño de moda e indumentaria.
EM11. Dominar a tecnoloxía dixital específica vinculada ao desenvolvemento e a execución de proxectos de deseño de moda e indumentaria.
EM12. Coñecer o marco económico e organizativo en que se desenvolve a actividade empresarial.
EM13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico en que se desenvolve o deseño de moda e indumentaria.
EM14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.
EM15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.
As Ensinanzas Superiores de Deseño só se poden cursar en modalidade presencial.
Matrícula
A primeira matrícula deberá realizarse por curso completo.
Nas seguintes matrículas, o número mínimo de créditos matriculados por curso académico será de 30, e o máximo será de 75. Non se terá en conta a estes efectos os créditos asociados ás disciplinas nas que o alumnado teña solicitado e obtido o recoñecemento.
De ser o caso, será obrigatoria a matrícula en tódalas disciplinas pendentes.
Renuncia de matrícula. O alumnado poderá solicitala en setembro ante a Dirección da Escola. Non implicará a devolución de taxas.
Convocatorias
Número de convocatorias:
En cada curso haberá dúas convocatorias para cada disciplina (ordinaria e extraordinaria).
Disponse de 4 convocatorias para superar cada disciplina -agás para as Prácticas externas e para o Traballo de fin de grao, que serán 2 convocatorias-.
Esgotadas as convocatorias, poderá solicitarse ao Director da Escola a concesión dunha convocatoria extraordinaria, alegando causa xustificada, no prazo de 5 días dende que se comunica a cualificación que esgota a cuarta convocatoria.
Anulación de convocatoria:
Non se presentar ás probas esgota convocatoria, salvo que se solicite a súa anulación.
Os prazos para solicitar a anulación de convocatorias (ordinaria e extraordinaria) pódense consultar no Calendario Escolar de cada cuso publicado na web
As solicitudes de anulación deberá dirixirse ao Director da Escola, acreditando unha causa xustificada, non sendo admisible a simple falta de rendemento académico.
Permanencia
A permanencia máxima na Escola será de 8 cursos académicos por especialidade.
Avaliación
A avaliación é continua. A asistencia do alumnado a clase é obrigatoria.
Os criterios de avaliación especificaranse nas programacións didácticas.
A avaliación do Traballo de fin de grao requirirá ter aprobadas a totalidade das demais materias do plan de estudos.
As cualificacións serán numéricas, de 0 a 10 cun decimal, e poderá engadirse cualificación cualitativa:
0 – 4,9 : suspenso (SS)
5,0 – 6,9: aprobado (AP)
7,0 – 8,9: notable (NT)
9,0 – 10: sobresaínte (SB)
A mención de matrícula de honra poderase outorgar a alumnos/ás con cualificación de 9,0 ou superior, ata un número máximo dunha por materia.
1º curso | 2º curso | 3º curso |
Tecnoloxía dixital | Deseño gráfico aplicado á moda | |
Volume | Estruturas | |
Deseño básico | Deseño de moda I | Deseño de moda II |
Patronaxe básico | Patronaxe I | Patronaxe II |
Modelismo e prototipos | Proxectos de deseño de moda | |
Tecnoloxía téxtil I | Tecnoloxía téxtil II | |
Materias téxtiles I | Materias téxtiles II |
Reclamacións
Poderá presentarse reclamación contra as cualificacións finais ante o Director da Escola, no prazo de dous días hábiles dende a comunicación pública da cualificación. Descargar o modelo para presentar as reclamacións aquí
Idioma en que se imparte o título
Galego e Castelán