Técnicas escultóricas
TITULACIÓN
(Ciclo corto – MECES 1 – EQF 5):
Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, na especialidade de Técnicas Escultóricas
DURACIÓN
2 anos
Nº CRÉDITOS
120
CARÁCTER
Presencial
| MÓDULOS | Horas totais | ECTS |
| CURSO PRIMEIRO -1º, 2º e 3º trimestre- | ||
| 1. Debuxo artístico | 144 | 8 |
| 2. Debuxo técnico | 108 | 6 |
| 3. Volume | 216 | 11 |
| 4. Historia da escultura | 108 | 6 |
| 5. Aplicacións informáticas | 108 | 6 |
| 6. Materiais e tecnoloxía da escultura | 72 | 6 |
| 7. Taller de baleirado e moldeado | 216 | 11 |
| 8. Proxectos escultóricos I | 108 | 6 |
| CURSO SEGUNDO – 1º e 2º trimestre- | ||
| 9. Proxectos escultóricos II | 216 | 11 |
| 10. Taller de pedra | 144 | 7 |
|
11. Taller de madeira
|
144 | 7 |
|
12. Taller de metal
|
144 | 7 |
|
13. Formación e orientación laboral
|
72 | 4 |
| CURSO SEGUNDO -3ºtrimestre- | ||
| 14. Formación práctica en empresas, estudos e talleres | 150 | 6 |
| 15. Proxecto integrado | 50 | 18 |
| TOTAL | 2.000 | 120 |
Ademais da inserción profesional por conta propia ou allea en talleres artesanais e artísticos, a formación en escultura ten unha alta demanda noutros campos:
- ornamentación e rehabilitación en construccións e edificios
- creación de escenografías para teatro, cine, televisión…
- arquitectura efémera en feiras, stands, congresos, centros comerciais…
- mobiliario urbano
- equipamento de parques infantís
- xoguetes
- elementos de festas populares (máscaras, monicreques…)
- trofeos deportivos, agasallos de empresa, medallas e placas…

O obxectivo dos estudos de Técnico Superior en Técnicas Escultóricas é formar profesionais capaces de concibir e interpretar proxectos escultóricos, desde calquera tendencia plástica, tradicional ou actual.
Tradúcese este obxectivo na capacitación para executar pezas escultóricas en calquera material, facendo especial incidencia no traballo da pedra, metal e madeira, así como no baldeirado e moldeado artístico.

