Técnico superior

Secretaría > Acceso > Técnico superior

Para a formalización das solicitudes de admisión cubrirase o formulario na web do centro ou descargarase o modelo que entregarase cuberto o día e hora que se lles dé a cita previa para facer a inscrición na secretaría, onde lle aclararán as dúbidas, de ser o caso, de como cubrilo. As persoas aspirantes que deban realizar a proba substitutiva de titulación farano constar no punto correspondente da inscrición.

Ofertamos prazas para Fotografía e Técnicas Escultóricas en Setembro

O prazo para inscribirse nas probas de acceso extraordinarias de setembro será ata as 14:00 horas do martes 3 de setembro.

A documentación poderá presentarse na secretaría do centro os días 2 e 3 de setembro ata ás 14:00 horas.

O calendario será o seguinte:

Día 4 de setembro listaxe provisional de admitidos: Ver listaxe.

Día 5 e 6 reclamacións a listaxe de admitidos ata as 14:00h.

Día 6 publicación da listaxe definitiva de admitidos: Ver listaxe

Día 9 de setembro realización das probas específicas de acceso a ciclos. Comezarán ás 10:00 h.

Día 10 publicación das cualificacións provisionais e adxudicación de prazas: Ver listaxe

Día 11 e 12 ata ás 14:00 h. reclamacións á listaxe provisional de cualificación e adxudicación de prazas.

Día 12 listaxe definitiva de cualificacións e adxudicación de prazas: Ver listaxe.

Día 13 matrícula na secretaría das EASD de 9:00 a 13:00 h.

 

Preinscrición Online

Todas as persoas aspirantes teñen que realizar a inscrición no prazo sinalado (acceso directo ou acceso mediante probas) na web da EASD Mestre Mateo a través das seguintes ligazóns:

 

INSCRICIÓN

Premer na ligazón en función da especialidade na que se desexe inscribir.

C.S. DE FOTOGRAFÍA
C.S. TÉCNICAS ESCULTÓRICAS
MODULAR TALLER DE DOURADO E PRATEADO
C.S. DE XOIARÍA ARTÍSTICA

Importante: No caso de acadar praza teranse que presentar os orixinais da documentación presentada on-line no prazo de matrícula.

 

Preinscrición presencial na Secretaría

 

De face-la preinscrición presencialmente con cita previa, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coa seguinte documentación:

 

 

Documentación para a inscrición

Importante: Traer Orixinal e fotocopia da documentación.

 

  • Copia de DNI, NIE.
  • Documentación académica segundo proceda.
  • Acreditación de ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.
  • Documento acreditativo do grao de discapacidade.
  • Documento acreditativo da condición de deportista galego de alto nivel e/ou rendemento, de ser o caso.

Guía das titulacións

 

Convocatoria Ordinaria curso 24-25

Data Publicación Documento
22/04/2024

Resolución da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se dictan instruccións para o acceso e admisión do alumnado nas Ensinanzas Profesionais de Deseño.

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá dende o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 21 de xuño, ambos incluidos.

   
17/06/2024 Relación de persoas inscritas nas probas substitutivas da titulación de bacharelato Ciclo Superior
17/06/2024 Relación de persoas inscritas nas probas substitutivas da titulación de bacharelato Ciclo Medio
25/06/2024 Cualificacións provisionais das probas substitutivas da titulación de bacharelato
01/07/2024 Cualificacións definitivas das probas substitutivas da titulación de bacharelato
   
25/06/2024 Relación provisional persoas inscritas ás probas específicas de acceso ás Ensinanzas Profesionais de Deseño
02/07/2024 Relación definitiva persoas inscritas ás probas específicas de acceso ás Ensinanzas Profesionais de Deseño
08/07/2024 Calificacións provisionais das probas específicas de acceso ás Ensinanzas Profesionais de Deseño
08/07/2024  Asignación provisional de prazas nas Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño
 15/07/2024 Cualificacións definitivas das probas específicas de acceso ás Ensinanzas Profesionais de Deseño
 15/07/2024

 1ª adxudicación de prazas nas Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Datas de matrícula 1ª adxudicación de prazas 15, 16 e 17 de xullo.

19/07/2024

 2ª adxudicación de prazas nas Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño

 

 

 

 

Relación de aspirantes admitidos/as a cursar as Ensinanzas Profesionais de Deseño nas EASD de Galicia

Relación de prazas vacantes e lista de agarda curso na EASDMM

Relación provisional solicitudes de traslado de expediente EASDMM

Listaxe Provisional inscritos probas extraordinarias de acceso de setembro

Listaxe Definitiva inscritos/as probas extraordinarias de acceso de setembro

Listaxe cualificacións provisionais probas extraordinarias de acceso de setembro

Listaxe de adxudicación de prazas probas extraordinarias de acceso de setembro

 

 

Prazas ofertadas na EASD Mestre Mateo

   

C.S. Técnicas Escultóricas

C.S. Fotografía

C.S. Xoiaría Artística

Modular
Taller de Dourado e Prateado

 
A Acceso Directo

8

15

8

8

B Proba Específica

5

11

5

5

C Reserva Deportistas de Alto Nivel e Rendemento, superando proba específica

1

2

1

1

D Reserva aspirantes con discapacidade do 33%, superando proba específica

1

2

1

1

TOTAL PRAZAS*

15

30

15

15

 

*As prazas non cubertas en calquera quenda acumularanse á reserva B. As prazas non cubertas así acumularanse á reserva A.

Para aspirantes ao acceso aos ciclos de grao medio e grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño mediante a superación da proba específica de acceso, coa condición de deportista de alto nivel e rendemento, reservarase un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo, de tal xeito que cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a 20, se reservará unha praza, e cando o número total de prazas ofertadas sexa de 21 a 30, se reservarán dúas prazas.

 

 

 

 

 

       
       
       
       
       
       
       
       
       
       
       
       
       
       
       

Inscripción para las pruebas de acceso

IMPORTANTE: Traer Original y fotocopia de la documentación

 

  1. Solicitud de inscripción cubierta en la web del centro* (enlace disponible en la pestaña “Inscripción”) o entregar una Solicitud en el modelo oficial –se cubrirá en la aplicación web del centro, o se entregará una única instancia en la secretaría de la Escuela que imparta la especialidad a la que se quiera acceder como primera opción-.
    * De optar por la inscripción mediante la aplicación de la web del centro, tendrá que enviarse en ese momento copia de la documentación solicitada al correo electrónico matricula@easd.es. En el caso de obtener plaza en el centro, el alumnado tendrá que presentar en secretaría la documentación original en el momento de hacer la matrícula, no pudiendo realizar la matrícula aquel alumnado que no cumpla con este requisito.
  2. Fotocopia del DNI o pasaporte.
  3. Titulación (fotocopia cotejada):
    • Acceso directo:
      • Título de bachillerato, modalidad de artes, o de bachillerato experimental.
      • Por experiencia laboral: Certificación de la empresa en la que conste la duración del contrato, la actividad desarrollada y el período en el que se realizó (en el caso de trabajadores por cuenta propia, certificación de alta en el censo de obligados tributarios).
      • Certificado de estudios en que figuren las calificaciones de las diferentes materias cursadas y haber realizado el depósito del título.
    • Acceso mediante prueba específica: título de bachillerato o equivalente, o certificación en donde conste el depósito del título.
      Se puede sustituir por:

      • Certificado de superación de la prueba de acceso a ciclos formativos de formación profesional de grado medio/superior (parte común)
      • prueba sustitutiva de bachillerato de grado superior de enseñanzas deportivas
      • prueba de acceso á universidade para maiores de 25 anos
      • proba sustitutiva de bachillerato de las Enseñanzas Artísticas Superiores

IMPORTANTE: ALUMNADO CON MATERIAS PENDIENTES DE BACHILLERATO: se puede presentar a las pruebas de acceso y acreditar en septiembre la obtención de la titulación requerida. AVISO: Estos aspirantes optarán a las plazas que queden vacantes después del periodo de matriculación del mes de julio.

 

Documentación para realizar la matrícula

(una vez obtenida plaza, por las distintas modalidades de acceso):

  • Solicitud en modelo oficial
  • 2 Fotografías
  • Resguardo del abono del seguro escolar, en el caso de ser menor de 28 anos

 

MUY IMPORTANTE: no formalizar la matrícula en el plazo establecido implica la pérdida del derecho a acceder ese curso a las enseñanzas.

Recuerden que aquellas personas que cumplimenten la solicitud de preinscripción en la aplicación web, tendrán que presentar en secretaría los originales de la documentación enviada al correo electrónico matricula@easd.es para poder hacer la matrícula.

Acceso directo

 

Estará exento de realizar a proba específica de acceso aos graos medio e superior das ensinanzas de artes plásticas e deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

  • Titulación de bacharelato en artes,ou de bacharelato experimental; título superior de conservación e restauración de bens culturais, licenciatura en belas artes, arquitectura, enxeñaría técnica en deseño industrial, ou ben acreditar unha experiencia laboral de polo menos un ano relacionada coas competencias profesionais do título ao que se queira acceder.
  • Titulación de técnico superior de artes plásticas e deseño, dunha familia relacionada coas ensinanzas que se desexan cursar.
  • Título superior de Artes Plásticas ou título superior de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura ou grao en Belas Artes.
  • Arquitectura ou grao en Arquitectura.
  • Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.

 

 

Acceso mediante Probas

(pódense visualizar exemplos de probas máis abaixo):

 

Terán acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior os aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

  • Estar en posesión do título de bacharelato, ou equivalente para os efectos académicos, e superar a correspondente proba específica.
  • As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente para os efectos académicos deberán ter dezanove anos, ou dezaoito anos no caso de que acrediten estar en posesión dun título de técnico en artes plásticas e deseño da mesma familia profesional artística ca aquel ao que pretenden acceder, e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica.

 

Descrición das Probas

Proba substitutiva de titulación

Primeira parte: de 10 a 13 horas.

Versará sobre as seguintes materias: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés), Historia de España, Filosofía.

Cumprirá seleccionar tres das materias e desenvolver por escrito unha cuestión que se propoña para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será de tres horas. Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

Segunda parte: de 17 a 18 horas.

Historia da Arte. Versará sobre contidos relacionados coa historia da arte.

Esta proba de madureza é válida para todo o estado español, non caduca e pode realizarse noutros centros de FP e outras EASD.

 

Exempos Probas substitutivas de titulación

Probas substitutivas de titulación curso 2018-19

Probas substitutivas de titulación curso 2019-20

Probas substitutivas de titulación curso 2020-21

 

Proba específica

 

Primeira parte: de 10 a 14 horas. Segunda parte: de 17 a 19 horas.

 

  1. Primeiro exercicio: proba escrita
    Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coas artes plásticas. Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico- artísticos.
  2. Segundo exercicio: realización.
    Realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior realización. Valoraranse as destrezas, as habilidades, as capacidades de percepción, de observación e de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.
  3. Terceiro exercicio: execución.
    Execución, durante un tempo máximo de dúas horas, da forma que determine o tribunal, cos bosquexos realizados no exercicio anterior, dun traballo relacionado co ciclo ao que a persoa aspirante pretende acceder. Valorarase a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo e a capacidade compositiva, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

Preguntas Frecuentes Ciclos

 

 

 

  1. Que é unha EASD?
    Unha EASD é unha Escola de Artes e Superior de Deseño.En Galicia hai 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia:
    EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.
    EASD Pablo Picasso, en A Coruña
    EASD Ramón Falcón, en Lugo.
    EASD Antonio Failde, en Ourense.
  2. Que se pode estudar nunha EASD?
    Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño pódense estudar:
    Ciclos Formativos de Grado Superior de Artes Plásticas e Deseño en distintas especialidades. (2 cursos). Ademais, a Oferta Modular dá a `posibilidade de cursar módulos soltos dalgún ciclo formativo.
    Ensinanzas Superiores en Deseño, equivalentes a todos os efectos aos títulos universitarios de Grao. (4 cursos)
  3. Que Especialidades de Ciclos Superiores de Artes Plásticas e Deseño se poden estudar na EASD Mestre Mateo?
    Na EASD Mestre Mateo podes matricularte nos seguintes Ciclos Superiores:
    Técnicas Escultóricas
    Xoiaría Artística
    Fotografía
    Oferta modular: Taller de dourado e prateado
    SOBRE A INSCRICIÓN NAS PROBAS DE ACCESO ÓS CICLOS SUPERIORES DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
  4. Podo inscribirme na EASD Mestre Mateo se non teño Selectividade (ABAU)?
    Sí. Para o acceso aos Ciclos Superiores non é requisito ter realizadas nen superadas as probas de Selectividade (ABAU), xa que o acceso a ditas Ensinanzas realízase a través dunha proba de acceso específica.
  5. Se non teño aínda o bacharelato aprobado pero o vou a aprobar na convocatoria de extraordinaria, podo acceder a estudar un Ciclo Superior o vindeiro curso?
    Si, ao facer a solicitude de inscrición marcarás a opción: “Pendente o Título de Bacharelato” . IMPORTANTE: o alumnado pendente de aprobar o Bacharleato en setembro so terá acceso no caso de que non se completen as prazas ofertadas na convocatoria de xuño.
  6. Se non teño o título de Bacharelato nin o vou ter, podo acceder a estudar un Ciclo Superior o vindeiro curso?
    Si, se tes máis de 19 anos ou os cumpres neste ano. Tes que inscribirte (no prazo establecido cando se publique a convocatoria) para facer as probas de madureza
  7. Se xa aprobei a proba de madureza en cursos anteriores, teño que volver a facela?
    Non. O certificado de ter superado a proba de madureza é válido para sempre, terás que entregar fotocopia cotexada no momento de facer a inscrición. Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría te cotexan as fotocopias para entregar.
  8. Se teño aprobada a proba específica de acceso en convocatorias anteriores, teño que repetir a proba este curso?
    Si, as probas específicas so teñen validez para a convocatoria do curso no que se convocan. Aínda que teñas a proba aprobada doutros anos, tes que repetila.
  9. Onde teño que facer a inscrición?
    A inscrición farase na Secretaría da Escola elixida en primeira ou única opción. Se queres estudar Fotografía, Escultura ou Xoiaría, ou o módulo de Taller de Dourado e prateado, terás que entregar a solicitude de inscrición na Secretaría da EASD Mestre Mateo no prazo establecido cando se publique a convocatoria de acceso. Nota: en xuño de 2020 recomendamos facer a inscrición por vía telemática. Tamén se poderá facer presencialmente na Secretaría da escola, previa solicitude de cita previa. De facelo presencialmente con cita previa, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola á cal se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coa seguinte documentación
  10. Podo facer a inscrición por internet?
    A partir do 22 de xuño de 2020 pódese facer a inscrición telemática, na web da EASD Mestre Mateo a través do enlace que se habilitará o día 22 de xuño, ou na secretaría da Escola previa solicitude de cita previa. Se cubres a solicitude de inscrición por internet: unha vez cuberto na aplicación web enviarase toda a documentación ao correo matricula@easd.es (no caso de acadar praza teranse que presentar os orixinais no prazo de matrícula).
  11. Que documentación hai que presentar ao facer a inscrición ademais da solicitude?
    Consultar no apartado documentación
  12. Qué título fai falta para poder optar ao acceso directo nun Ciclo Superior?
    Podes ter acceso directo cos seguintes títulos:
    Título de bacharelato artístico
    Título de bacharelato e acreditar experiencia laboral de polo menos un ano nas competencias do ciclo.
    Técnico superior en artes plásticas e deseño dunha familia profesional relacionada, ou equivalente.
    Título Superior de Deseño e Título Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais
    Arquitectura ou Licenciatura en Belas Artes ou Enxeñería Técnica en Deseño Industrial.
  13. Se solicito o acceso directo, iso quere dicir que xa obteño praza?
    Non. Soamente se ofertan un 50% das prazas para os que optan polo acceso directo.No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, o criterio de adxudicación, será en función da nota final do expediente académico do ciclo superior de Artes Plásticas alegado para o dito acceso directo.
  14. Se estou a piques de obter o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, podo optar pola modalidade de Acceso directo? Caso en que o aspirante estea pendente da avaliación do proxecto final para a obtención do título.
    Si, aínda que dependería do cálculo da nota final do expediente e de que quedaran prazas libres.
  15. Se non teño decidida a especialidade, podo facer as probas e logo escoller?
    Non, as probas de acceso específicas son diferentes en función da especialidade que se quera cursar.
  16. Onde van a ser as probas de acceso?
    As probas específicas de acceso levaranse a cabo na EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela)
  17. Hai temario ou bibliografía para preparar as probas?
    Non, pero podes consultar os modelos de probas de cursos anteriores http://www.edu.xunta.gal/portal/node/24431
  18. Despois de aprobar a proba de acceso e obter praza, teño que facer algo máis?
    Si, tes que facer a matrícula na Secretaría da Escola na que obtiveches a praza, no prazo establecido nas instrucións para o acceso e admisión.
  19. Se non obteño praza, pero estou na lista de espera, aínda teño posibilidade de poder matricularme?
    Si, se as persoas que obtiveron praza non formalizan a matrícula en Secretaría, publicarase una nova lista de persoas que acadan praza e ábrese un novo prazo para que esas persoas se matriculen e así sucesivamente ata completar tódalas prazas ofertadas.