SON EMPRESA
Que debo facer se son unha empresa e quero publicar unha oferta laboral?
Poñerse en contacto coa Xefatura de Empresas da EASD Mestre Mateo a través do correo empresas@easd.es para que lle facilite o acceso a plataforma JobTeaser, ou ben enviarlle a oferta a dita Xefatura para que ésta a publique.
ESTUDO NA EASD MESTRE MATEO
Que debo facer se son estudante ou egresado da EASD Mestre Mateo e quero estar ao día das ofertas laborais que chegan á Escola?
Entrar na ligazón easd.jobteaser.com e rexistrarte como usuario empregando a mesma conta de correo que facilitaches coa matrícula.
Formación en centros de traballo
Alumnado Graos Ensinanzas Superiores
Son parte do currículo de Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño, o alumnado debe realizar entre 250 e 300 horas de prácticas en empresas (12 créditos ECTS)
Características:
- Seguro de accidente e responsabilidade civil subscrito pola Consellería de Educación
- Non existe relación laboral entre a empresa e o/a alumno/a
- Non se abonan retribucións pola empresa ao/á alumno/a
- Duración das prácticas entre 250 e 300 horas do/a alumno/a na empresa
- 8 horas como máximo de xornada laboral
- Datas e horario a acordar pola empresa e a EASD Mestre Mateo
- Selección pola empresa do alumnado dispoñible entre o preseleccionado pola Xefatura de Relacións con Empresas, Estudos ou Talleres
Requisitos:
- Ter tódolos créditos superados, coa excepción do Traballo Fin de Estudos.
- Excepcionalmente, con autorización do Xefe de Estudos, tamén se poderá solicitar a súa realización con un máximo de 18 créditos ETCTS pendentes (a marxe do TFE), presentando o modelo Expoño e Solicito debidamente cumprimentado.
Asignación de empresas:
- Empresas propostas polos estudantes:
Ademais das empresas colaboradoras coa Escola nas prácticas, o alumno pode realizar prácticas noutras empresas, sempre que o comunique nos prazos previstos á Xefatura de Relacións con Empresas e previamente ás prácticas se asine un convenio adaptado ás condicións requiridas.
Se o/a estudante ten contacto coa empresa e ten interese nesta opción, debe comunicarllo á coordinación das prácticas no correo empresas@easd.es, e facilitar a folla de datos de alumno e a folla de datos de empresa. - Empresas propostas pola EASD:
A EASD conta cunha bolsa de empresas colaboradoras, coas cales asinará un Convenio de Prácticas específico para cada alumno/a para a realización das prácticas.
Condicións das prácticas:
- Non teñen carácter laboral, nin son retribuídas.
- O alumnado está cuberto por un seguro de accidente e de responsabilidade civil, subscrito pola Consellería de Educación.
- Terán unha duración mínima de 250 horas (a duración máxima da disciplina son 300 horas, 12 créditos ECTS).
Procedemento:
- As titoras/os organizarán unha reunión informativa previa ao período de inicio de prácticas ó comezo de curso. Nesta reunión explicarase o procedemento a seguir e solucionaranse as dúbidas que poidan ter os dicentes.
- Ademais farase unha reunión previa o inicio de cada cuadrimestre. Nesta reunión xestionarase a que modalidade de prácticas se vai axustar cada alumno e asignaranse as empresas.
- Asumindo as necesidades das empresas da bolsa de colaboración e dos/as diferentes alumnos/as, a EASD xestionará os convenios de realización das prácticas. Unha vez confirmados polas diferentes empresas notificaráselle ao alumnado as datas de inicio e finalización das súas prácticas, para a súa incorporación inmediata.
- Ningún estudante pode comezar as prácticas sen ter asinado o Convenio por parte da Escola; de facelo a situación laboral sería irregular.
- Unha vez asinado o Convenio a/o estudante comprométese ao cumprimento do mesmo; a seguir as indicacións do seu titor/a de prácticas e do titor/a da empresa, e a elaborar a memoria de prácticas e entregala ao rematar as mesmas no prazo establecido.
- Ao rematar as prácticas cada alumno/a deberá entregar:
- O rematar as prácticas os titores académicos deberán entregar:
Documentación de interese prácticas curso 2024-25:
- Documento informativo inicial – PE – Nota: Suspendidas hasta nuevo aviso las prácticas de carácter extracurricular.
- Calendario de prácticas curso 2024-2025 – PE – Última actualización: 20/09/2024.
Á espera da publicación da nova normativa.
Formación en centros de traballo
Alumnado Ciclos Ensinanzas Profesionais
Como parte da formación dos distintos ciclos formativos impartidos na Escola o alumnado debe realizar horas de formación en centros de traballo.
A EASD conta cunha bolsa de empresas colaboradoras, coas cales asinará un Convenio de Formación práctica en empresas, estudos ou talleres específico que permita a incorporación de cada alumno/a ao seu centro de traballo para a realización das formación práctica.
Os titores terán unha formación previa ao período de prácticas ao inicio do curso.
- Documento informativo inicial – FPEET
Para calquera dúbida, deberanse dirixir ao titor/a correspondente ou o Coordinador de prácticas de FCT/FPEET.
Características:
- Seguro de accidente e responsabilidade civil subscrito pola Consellería de Educación
- Non existe relación laboral entre a empresa e o alumno/a
- Non se abonan retribucións pola empresa ao alumno/a
- O alumnado pode solicitar axudas de realización nos prazos correspondentes
- Duración das prácticas entre 100 e 150 horas dependendo do Ciclo
- 8 horas como máximo de xornada laboral
- Datas e horario a acordar pola empresa e a EASD Mestre Mateo
- Selección pola empresa do alumnado dispoñible entre o preseleccionado pola Xefatura de Relacións con Empresas
Documentación de interese Formación en Centros de Traballo Curso 2024-25
Calendario de prácticas Ensinanzas Profesionais 2024-25. – Última actualización: 20/09/2024.