Trámites

Secretaría > Trámites

Tramitación

Presentación da solicitude na secretaría da Escola (planta 0), dentro do horario establecido, ou envío por correo electrónico ao enderezo: escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.gal, indicando no asunto: “Solicitude de certificado académico – Nome e apelidos”.

 

Prazos de expedición

  • Plans de estudo recentes: prazo orientativo de 10 días hábiles.
  • Plans de estudo antigos: prazo superior, segundo a necesidade de consultar documentación histórica.

A. Titulacións de Grao

Tramitación

Descarga directa do certificado a través da aplicación móbil Abalar.

 

B. Ciclos Formativos

Tramitación

Presentación da solicitude na secretaría da Escola (planta 0), dentro do horario establecido, ou envío da solicitude por correo electrónico ao enderezo: escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.gal, indicando no asunto: “Solicitude de certificado de matrícula – Nome e apelidos”.

Prazos

Publicaranse no sitio web durante o período de acceso (habitualmente en maio e xuño).

 
Matrículas alumnado de novo acceso (1º curso)

No mes de xullo, segundo o recollido no calendario de probas de acceso publicado na resolución correspondente. Consultar en: https://www.edu.xunta.gal/eas/

 
Matrículas de continuación de estudos (2º, 3º e 4º curso)
  • Ensinanzas Superiores
    • Alumnado que supera tódalas disciplinas na convocatoria ordinaria: comezará o prazo no mes de xuño. Publicarase na web da escola.
    • Alumnado con materias pendentes: comezará o prazo no mes de xullo. Publicarase na web da escola.
  • Ensinanzas Profesionais
    • Alumnado que supera tódolos módulos na convocatoria ordinaria: comezará o prazo no mes de xuño. Publicarase na web da escola.
    • Alumnado con módulos pendentes. Sección en construción.

 

 

A. Matrícula nas Titulacións de Grao

(Grao en Deseño de Moda e Grao en Deseño de Produto: Itinerario Xeral e Itinerario Dual en Xoiaría e Complementos)

 
Tramitación

Entrega da documentación na Secretaría da Escola, pranta 0, nos prazos da convocatoria.

 
Documentación a entregar coa matrícula
  • Modelo de solicitude de matrícula:
    • Modelo Solicitude de Matrícula nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño de Moda. Descargar
    • Modelo Solicitude de Matrícula nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño de Produto – Itinerario XERAL. Descargar
    • Modelo Solicitude de Matrícula nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño de Produto – Itinerario XOIARÍA E COMPLEMENTOS. Descargar
  • De se-lo caso, xustificante da solicitude de bolsa de estudos.
  • Xustificante do pago do seguro escolar (obrigatorio para menores de 28 anos). Descargar modelo para pago en oficina bancaria. No caso de utilizar aplicación de banco, descargar o comprobante en PDF.
  • Copia do DNI/NIE.

 

* A MATRÍCULA NON SE FAI EFECTIVA DE TODO ATA QUE NON SE REALIZA O PAGO. Consultar “Procedemento de pago de matrícula”.

 

 

B. Matrícula en Ciclos Formativos e Monográficos (1.º curso)

(Xoiaría, Técnicas Escultóricas, Fotografía e Dourado)

 
Tramitación

Entrega da documentación na Secretaría nos prazos da convocatoria.

 
Documentación a entregar coa matrícula
  • Modelo de solicitude de matrícula:
    • Modelo Solicitude de Matrícula no Ciclo de Fotografía das Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño. Descargar
    • Modelo Solicitude de Matrícula no Ciclo de Técnicas Escultóricas das Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño. Descargar
    • Modelo Solicitude de Matrícula no Ciclo de Xoiaría Artística das Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño. Descargar
    • Modelo Solicitude de Matrícula no módulo de Taller de Dourado das Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño. Descargar
  • Copia do DNI/NIE.
  • Xustificante da proba específica de acceso.
  • Xustificante do pago do seguro escolar (obrigatorio para menores de 28 anos). Descargar modelo para pago en oficina bancaria. No caso de utilizar aplicación de banco, descargar o comprobante en PDF.

 

 

C. Matrícula en Ciclos Formativos (2.º curso)

 
Tramitación

Auto-matrícula dixital realizada directamente polo alumnado na plataforma Secretaría Virtual > Ciclos (Codex).

 
Documentación necesaria

Ciclos

O alumnado de Ciclos Formativos está exento do pago da taxa de matrícula segundo a normativa vixente (DECRETO 89/2013, de 13 de xuño).

 

 

 

Graos

 
A. Persoas obrigadas ao pago e prazos OBRIGATORIOS
  • Alumnado que non solicite bolsa de estudos (prazo: do 15 de outubro ao 15 de novembro).
  • Alumnado con solicitude de bolsa denegada.
    • Requisito previo: entregar na Secretaría a resolución oficial de denegación da bolsa antes de realizar o pago (prazo: 30 días naturais desde a data de resolución oficial de denegación da bolsa).

 

*IMPORTANTE: De non realizar o pagamento dentro do prazo establecido, procederase á anulación da matrícula.

 

 

B. Procedemento de pago
 
1. Acceso á plataforma de pago (ATRIGA)
    • Portal de acceso: https://ovt.atriga.gal/
    • Pasos na plataforma:
      1. Seleccionar a opción Cidadáns.
      2. Ir a Pago de Taxas e Prezos e premer en Iniciar Taxa.
      3. Escoller a opción Acceso gratuíto (se non se dispón de certificado dixital ou Chave365).
2. Códigos obrigatorios para a taxa
    • Taxa: 352600
    • Consellería: 07 (código automático)
    • Servizo: 03 (código automático)
    • Delegación: 10
    • Obxecto do pago: Matrícula curso [ano académico, ex. 2026/2027]
    • Importe: A Secretaría do centro informa da contía exacta a pagar.
 
3. Opcionalidade de modelos e formas de pago

Segundo se vaia realizar o pagamento (telemático, presencial con impreso web ou presencial), utilizarase un dos seguintes modelos:

    • Modelo 730 (Pago telemático):
      • Cubrimento de datos e pago por internet.
      • O navegador descarga o xustificante ao rematar o proceso.
    • Modelo 731 (Pago presencial con impreso web):
      • Cubrimento de datos na web, impresión do impreso e pago presencial na entidade bancaria.
    • Modelo A1 (Pago presencial):
      • Descarga do impreso na web e pago presencial na entidade bancaria.
 
4. Entrega da documentación

Entregar na secretaría do centro (Acceso por Virxe da Cerca: planta 0, dentro do horario establecido (de 10 a 13h.). Recoméndase solicitar cita previa) o formulario de pago coa lenda “Copia para a Administración”.

A. Titulacións de Grao (Recoñecemento de créditos)
(Excepto a disciplina de Prácticas Externas)
• Prazos:
◦ Solicitar o recoñecemento preferiblemente no momento da matrícula, sendo o máximo de recepción ata o 15/09.
• Tramitación:
◦ Entrega da documentación xunto coa matrícula na Secretaría do centro para o seu rexistro de entrada.
• Documentación a entregar:
◦ Formulario de solicitude cuberto, impreso e asinado pola persoa interesada. Descargar
◦ Certificados académicos oficiais e programas das materias cursadas.

B. Ciclos Formativos (Recoñecemento de módulos)
(Excepto o módulo de Formación e Orientación Laboral – FOL)
• Prazos:
◦ Prazo establecido polo Ministerio de Educación, definido cada curso (aproximadamente desde mediados de setembro a mediados de novembro).
• Tramitación:
◦ Tramitación da solicitude na Sede Electrónica do Ministerio. (Ver procedemento)
◦ Entrega presencial do formulario de solicitude impreso e asinado na Secretaría do centro, pranta 0, no horario establecido.
◦ Presentación dos certificados académicos oficiais orixinais ou copias certificadas correspondentes.

C. Convalidación do módulo de FOL (Ciclos Formativos)
• Prazos:
◦ Solicitar o recoñecemento preferiblemente no momento da matrícula, sendo o máximo de recepción ata o 15/09.

• Tramitación:
◦ Entrega do modelo oficial Expón-Solicita na Secretaría do centro. Descargar
◦ Presentación dos certificados académicos e xustificantes correspondentes.

D. Convalidación da disciplina de Prácticas Externas (Graos en Deseño)
• Prazos:
◦ Solicitar o recoñecemento preferiblemente no momento da matrícula, sendo o máximo de recepción ata o 15/09.
• Tramitación:
◦ Entrega do modelo oficial Expón-Solicita na Secretaría do centro no . Descargar
◦ Presentación dos certificados académicos e xustificantes correspondentes.

E. Exencións de módulos e prácticas por experiencia laboral en ciclos.
• Prazos:
◦ Solicitar o recoñecemento preferiblemente no momento da matrícula, sendo o máximo de recepción ata o 15/09.
• Tramitación:
◦ Entrega do modelo oficial Expón-Solicita na Secretaría do centro. Descargar
◦ Presentación dos certificados académicos e xustificantes correspondentes.

• Tramitación:
A documentación poderá presentarse na Secretaría do centro para o seu rexistro de entrada ou enviarse por correo electrónico ao enderezo tramites.escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.gal, deberá indicarse no asunto: TÍTULOS – NOME E APELIDOS DA PERSOA SOLICITANTE.

• Documentación a entregar:
• Formulario de solicitude debidamente cuberto, impreso e asinado pola persoa interesada.
• Fotocopia DNI actualizada.
• Xustificantes das bolsas recibidas ou dos pagamentos das matrículas correspondentes a todos os cursos realizados cos certificados de execións de pagos. (Só no caso de Graos)
• Xustificantes de pago de seguro escolar correspondentes a todos os cursos. (maiores de )
• Modelo debidamente cuberto seguindo o o procedemento de acceso á plataforma Atriga seguindo o seguinte procedimiento:

1. Acceso á plataforma de pago (ATRIGA)
• Portal de acceso: https://ovt.atriga.gal/
• Pasos na plataforma:
1. Seleccionar a opción Cidadáns.
2. Ir a Pago de Taxas e Prezos e premer en Iniciar Taxa.
3. Escoller a opción Acceso gratuíto (se non se dispón de certificado dixital ou Chave365).

3. Códigos obrigatorios para a taxa
• Taxa: 352600
• Consellería: 07 (código automático)
• Servizo: 03 (código automático)
• Delegación: 10
• Obxecto do pago: Matrícula curso [ano académico, ex. 2026/2027]
• Importe: A Secretaría do centro informa da contía exacta a pagar.

4. Opcionalidade de modelos e formas de pago
• Modelo 730 (Pago telemático):
◦ Cubrimento de datos e pago por internet.
◦ O navegador descarga o xustificante ao rematar o proceso.
• Modelo 731 (Pago presencial con impreso web):
◦ Cubrimento de datos na web, impresión do impreso e pago presencial na entidade bancaria.
• Modelo A1 (Pago presencial):
◦ Descarga do impreso na web e pago presencial na entidade bancaria.

Solicitude de traslado de expediente

• Tramitación:
◦ Entrega da documentación xunto coa matrícula na Secretaría do centro para o seu rexistro de entrada.
• Documentación a entregar:
◦ Formulario de solicitude cuberto, impreso e asinado pola persoa interesada. Descargar
◦ Copia do DNI actualizada.
◦ Certificados académicos oficiais e programas das materias cursadas.

 

2. Solicitude de mobilidade Erasmus

Consultar a información, os requisitos e os prazos no apartado Erasmus.

3. Solicitude de préstamo de equipos

• Tramitación:
Presentación da solicitude na secretaría da Escola (planta 0), dentro do horario establecido , ou envío por correo electrónico ao enderezo : tramites.escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.gal , indicando no asunto: Solicitude de préstamo de equipos – Nome e apelidos
• Documentación a entregar:
Modelo oficial Expón-Solicita cuberto e asinado pola persoa interesada.
Xustificante acreditativo da concesión da bolsa de estudios do ano anterior e xustificante da solicitude presentada no presente curso.
Xustificante dos ingresos familiares mediante a correspondente declaración de ingresos.

4. Participación en concursos

Presentación da documentación requirida nas bases da convocatoria na Secretaría da Escola (planta 0), dentro do prazo establecido.

5. Solicitude de cambio de grupos

6 Solicitude de cambio de matrícula

7. Outros trámites: suxestións, queixas e reclamacións

Presentación do modelo oficial Expón-Solicita, cuberto e asinado pola persoa interesada, na Secretaría da Escola (planta 0), dentro do horario establecido ou envío por correo electrónico ao enderezo : suxiro?