Trámites

Secretaría > Trámites

Tramitación

Presentación da solicitude na secretaría da Escola (planta 0), dentro do horario establecido, ou envío por correo electrónico ao enderezo: tramites.escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.gal, indicando no asunto: “Solicitude de certificado académico – Nome e apelidos”.

 

Prazos de expedición

  • Plans de estudo recentes: prazo orientativo de 10 días hábiles.
  • Plans de estudo antigos: prazo superior, segundo a necesidade de consultar documentación histórica.

A. Titulacións de Grao

Tramitación

Descarga directa do certificado a través da aplicación móbil Abalar.

 

B. Ciclos Formativos

Tramitación

Presentación da solicitude na secretaría da Escola (planta 0), dentro do horario establecido, ou envío da solicitude por correo electrónico ao enderezo: tramites.escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.gal, indicando no asunto: “Solicitude de certificado de matrícula – Nome e apelidos”.

Prazos

Publicaranse no sitio web durante o período de acceso (habitualmente en maio e xuño).

 
Matrículas alumnado de novo acceso (1º curso)

No mes de xullo, segundo o recollido no calendario de probas de acceso publicado na resolución correspondente. Consultar en: https://www.edu.xunta.gal/eas/

 
Matrículas de continuación de estudos (2º, 3º e 4º curso)
  • Ensinanzas Superiores
    • Alumnado que supera tódalas disciplinas na convocatoria ordinaria: comezará o prazo no mes de xuño. Publicarase na web da escola.
    • Alumnado con materias pendentes: comezará o prazo no mes de xullo. Publicarase na web da escola.
  • Ensinanzas Profesionais
    • Alumnado que supera tódolos módulos na convocatoria ordinaria: comezará o prazo no mes de xuño. Publicarase na web da escola.
    • Alumnado con módulos pendentes. Sección en construción.

 

 

A. Matrícula nas Titulacións de Grao

(Grao en Deseño de Moda e Grao en Deseño de Produto: Itinerario Xeral e Itinerario Dual en Xoiaría e Complementos)

 
Tramitación

Entrega da documentación na Secretaría da Escola, pranta 0, nos prazos da convocatoria.

 
Documentación a entregar coa matrícula
  • Modelo de solicitude de matrícula:
    • Modelo Solicitude de Matrícula nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño de Moda. Descargar
    • Modelo Solicitude de Matrícula nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño de Produto – Itinerario XERAL. Descargar
    • Modelo Solicitude de Matrícula nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño de Produto – Itinerario XOIARÍA E COMPLEMENTOS. Descargar
  • De se-lo caso, xustificante da solicitude de bolsa de estudos.
  • Xustificante do pago do seguro escolar (obrigatorio para menores de 28 anos). Descargar modelo para pago en oficina bancaria. No caso de utilizar aplicación de banco, descargar o comprobante en PDF.
  • Copia do DNI/NIE.

 

*A MATRÍCULA NON SE FAI EFECTIVA ATA QUE NON SE REALIZA O PAGO. Consultar procedemento de pago de matrícula.

 

 

B. Matrícula en Ciclos Formativos e Monográficos (1.º curso)

(Xoiaría, Técnicas Escultóricas, Fotografía e Dourado)

 
Tramitación

Entrega da documentación na Secretaría nos prazos da convocatoria.

 
Documentación a entregar coa matrícula
  • Modelo de solicitude de matrícula:
    • Modelo Solicitude de Matrícula no Ciclo de Fotografía das Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño. Descargar
    • Modelo Solicitude de Matrícula no Ciclo de Técnicas Escultóricas das Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño. Descargar
    • Modelo Solicitude de Matrícula no Ciclo de Xoiaría Artística das Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño. Descargar
    • Modelo Solicitude de Matrícula no módulo de Taller de Dourado das Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño. Descargar
  • Copia do DNI/NIE.
  • Xustificante da proba específica de acceso.
  • Xustificante do pago do seguro escolar (obrigatorio para menores de 28 anos). Descargar modelo para pago en oficina bancaria. No caso de utilizar aplicación de banco, descargar o comprobante en PDF.

 

 

C. Matrícula en Ciclos Formativos (2.º curso)

 
Tramitación

Auto-matrícula dixital realizada directamente polo alumnado na plataforma Secretaría Virtual > Ciclos (Codex).

 
Documentación necesaria
  • Presentación do xustificante do pagamento do seguro escolar (obrigatorio para menores de 28) na secretaría da Escola (planta 0), dentro do horario establecido, de 10 a 13h.
  • Xustificante do pago do seguro escolar (obrigatorio para menores de 28 anos**). Descargar modelo para pago en oficina bancaria. No caso de utilizar aplicación de banco, descargar o comprobante en PDF.

 

** O alumnado menor de 28 anos está na obriga de efectuar o pago do seguro escolar no prazo dun mes, de non ser así, anúlase a matrícula.

Ciclos

O alumnado de Ciclos Formativos está exento do pago da taxa de matrícula segundo a normativa vixente (DECRETO 89/2013, de 13 de xuño).

 

 

 

Graos

 
A. Persoas obrigadas ao pago e prazos OBRIGATORIOS
  • Alumnado que non solicite bolsa de estudos (prazo: do 15 de outubro ao 15 de novembro).
  • Alumnado con solicitude de bolsa denegada.
    • Requisito previo: entregar na Secretaría a resolución oficial de denegación da bolsa antes de realizar o pago (prazo: 30 días naturais desde a data de resolución oficial de denegación da bolsa).

 

*IMPORTANTE: De non realizar o pagamento dentro do prazo establecido, procederase á anulación da matrícula.

 

 

B. Procedemento de pago
 
1. Acceso á plataforma de pago (ATRIGA)
    • Portal de acceso: https://ovt.atriga.gal/
    • Pasos na plataforma:
      1. Seleccionar a opción Cidadáns.
      2. Ir a Pago de Taxas e Prezos e premer en Iniciar Taxa.
      3. Escoller a opción Acceso gratuíto (se non se dispón de certificado dixital ou Chave365).

2. Códigos obrigatorios para a taxa
    • Taxa: 352600
    • Consellería: 07 (código automático)
    • Servizo: 03 (código automático)
    • Delegación: 10
    • Obxecto do pago: Matrícula curso [ano académico, ex. 2026/2027]
    • Importe: A Secretaría do centro informa da contía exacta a pagar.
 
3. Opcionalidade de modelos e formas de pago

Segundo se vaia realizar o pagamento (telemático, presencial con impreso web ou presencial), utilizarase un dos seguintes modelos:

    • Modelo 730 (Pago telemático):
      • Cubrimento de datos e pago por internet.
      • O navegador descarga o xustificante ao rematar o proceso.
    • Modelo 731 (Pago presencial con impreso web):
      • Cubrimento de datos na web, impresión do impreso e pago presencial na entidade bancaria.
    • Modelo A1 (Pago presencial):
      • Descarga do impreso na web e pago presencial na entidade bancaria.
 
4. Entrega da documentación

Entregar na secretaría do centro (Acceso por Virxe da Cerca: planta 0, dentro do horario establecido (de 10 a 13h.). Recoméndase solicitar cita previa) o formulario de pago coa lenda “Copia para a Administración”.