Este luns temos unha cita imprescindible coa fotografía contemporánea e de autoría. A fotógrafa Marina Vilas impartirá un relatorio na Facultade de Filosofía organizado pola EASD Mestre Mateo.
O vindeiro luns 16 de novembro, ás 18:00 horas, o Salón de actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acollerá un encontro aberto coa fotógrafa Marina Vilas organizado pola EASD Mestre Mateo.
A fotógrafa acompañaranos para compartir o seu proceso creativo e a súa mirada arredor da fotografía intimista e emocional. Unha oportunidade única para coñecer de preto o percorrido detrás de proxectos como Equilibrio Inestable, recoñecido coa Beca FUJIFILM 2025 no Seminario de Albarracín e publicado en El País.
O relatorio está especialmente dirixido ao alumnado do CFGS de Fotografía e das materias de fotografía dos Graos de Deseño de Produto e Deseño de Moda.
A EASDMM agradece á Facultade de Filosofía da USC a cesión do espazo para a celebración da actividade, con entrada libre até completar aforo.
🗓️ Data: Luns, 16 de novembro
🕕 Hora: 18:00 h
📍 Lugar: Salón de actos da Facultade de Filosofía (USC)
🎟️ Acceso: Entrada libre ata completar aforo
