Os vindeiros mércores 9 e xoves 11 pola tarde, de 16 a 20 horas, o alumnado e profesorado da Mestre deixamos as aulas baleiras para irnos ao auditorio do CGAC e disfrutar todos xuntos das Xornadas de Apertura do curso 2022/23.
Estas xornadas organízanse en colaboración coa Fundación DIDAC. Esta acción sitúase en liña co obxectivo común de crear unha cultura do deseño e os procesos creativos elevando a súa percepción e as súas posibilidades, contribuíndo a crear a nova xeración de talento galego e potenciando a formación estratéxica dos profesionais creativos ao favorecer a súa especialización na medida das esixencias do mercado e as súas esixencias ou preocupacións actuais.
PROGRAMA
MÉRCORES 09.11
16.00 h
Presentación Xornadas Apertura 2022 EASD Mestre Mateo
Juan Adrio | Director da EASD Mestre Mateo
David Barro | Director da Fundación DIDAC
16.15-17.00 h
“Deseño como creación e produción”
José Castro | Deseñador de moda
17.00-18.00 h
“A xoia: un luxo superfluo ou un amuleto imprescindible?”
Noroeste Obradoiro | Xoiaría contemporánea
18.00-19.00h
“Unha visión persoal do deseño de autor”
María Barros | Deseñadora de moda
XOVES 10.11
16.00-17.00 h
“A conveniencia da fotografía: do persoal ao profesional”
Jesús Madriñán | Artista visual
17.00-18.00 h
“Daquelas formas, este oficio”
Verónica Moar | Ceramista
18.00-19.00h
“Novas tecnoloxías aplicadas a técnicas escultóricas”
Escenoset | Realización de espazos efémeros
Nota importante:
Todas as clases da mañá e da tarde quedan suspendidas para que toda a comunidade educativa poida asistir ás xornadas.