A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional publicou a convocatoria e as instrucións que regulan o proceso de admisión e acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores na Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro curso académico 2026/27.
Esta convocatoria afecta a todas as persoas aspirantes que desexen iniciar os seus estudos no Grao en Deseño na nosa escola.
Presentación de solicitudes
Ata o 5 de xuño de 2026.
Inscrición e trámites
Con carácter xeral, o estudantado interesado deberá formalizar a súa solicitude por vía electrónica, en www.edu.xunta.es/eas, empregando o certificado dixital ou sistema de Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición nas secretarías das escolas.
Para completar o proceso de inscrición deberase presentar unha copia da solicitude na Secretaría da escola de arte e superior de deseño na que se vaia realizar a proba de acceso ou, se solicita o acceso directo, na escola onde se queren cursar os estudos sinalados como primeira opción.
Toda a información detallada sobre a documentación requirida, os tribunais e o desenvolvemento das probas pode consultarse no portal educativo da Xunta de Galicia a través da seguinte ligazón:
👉 Acceso á convocatoria e instrucións completas (DOG)
Desde a EASD Mestre Mateo recomendámoslles a todas as persoas interesadas revisar con atención os requisitos de acceso, tanto para a quenda de acceso directo como para a realización da proba específica.
O futuro do deseño agárdate na EASD Mestre Mateo:
- Grao en EAS en Deseño de Moda.
- Grao en EAS en Deseño de Produto. Itinerario Xeral.
- Grao en EAS en Deseño de Produto. Itinerario DUAL en Xoiaría e Complementos.


