Aprobado o primeiro regulamento do Consello Superior de Ensinanzas Artísticas

8 10 2026 | Novas

As ensinanzas artísticas están de parabéns. O Consello Superior de Ensinanzas Artísticas (CSEA) vén de dar luz verde onte ao seu primeiro regulamento de funcionamento, un fito agardado desde a súa creación no ano 2006.

Que significa isto para a nosa comunidade educativa? Fundamentalmente, consolida o camiño marcado pola nova Lei de Ensinanzas Artísticas (LEA) para dignificar os nosos estudos e equiparalos, a todos os efectos, coas ensinanzas universitarias dentro do Espazo Europeo de Educación Superior.

Galicia non faltou a esta cita tan relevante para o noso futuro. A representación galega contou coa presenza da directora xeral de FP e Ensinanzas Artísticas, Eugenia Pérez, e do director do noso centro, Juan Adrio, que acudiu en nome de todas as escolas artísticas galegas.

Na práctica, o novo regulamento dota de estabilidade á Comisión de Garantía de Calidade e pon a andar de inmediato os grupos de traballo que actualizarán os títulos de grao. Trátase, en definitiva, dunha excelente noticia para garantir que tanto o alumnado como o cadro docente dispoñan duns plans de estudo modernos e á altura do talento creativo que enche as nosas aulas.

Máis información na web do Ministerio.

Axenda