DESPUNTE | O 29 de febreiro a Cidade da Cultura acolle a XIII edición de Despunte

19 02 2024 | Novas

O 29 de febreiro o Museo Centro Gaiás acollerá a XXIII edición de Despunte

DESCARGA AQUÍ OS TEUS CONVITES A PARTIR DAS 23.59H.

O evento terá lugar o día 29 de febreiro ás 19h. no Museo Centro Gaiás, e ten como obxectivo amosar o traballo realizado como parte do Grao en Ensinanzas Artísticas Superiores en Deseño de Moda da EASDMM. O encontro, ao que asistirán máis de 500 persoas, está integrado por dúas partes principais: Despunte e Miscelánea. Unha terceira parte permitirá amosar unha escolma dos traballos desenvolvidos dentro do Ciclo Superior de Xoiaría Artística. Este ano únese ademais unha pequena exposición cunha escolma dos mellores proxectos finais desenvolvidos no resto de especialidades impartidas na EASDMM. A conductora da gala será a presentadora e modelo Diana Nogueira.

O desfile

Despunte abrangue 27 coleccións dos Traballos Finais de Estudos do alumnado que vén de graduarse, para presentalo ó eido profesional. A temática dos Traballos Finais é totalmente libre: a inspiración histórica e literaria, como a fusión entre a arte e a cultura da América precolombina, ou a obra de William Shakespeare “Romeo e Xulieta”, mestúranse coa tradicional, cotiá e social, xa sexa por exemplo a través da reiterpretación do traxe tradicional galego ou de relatos intimistas que narran historias persoais dos máis achegados, nais, avoas… Tamén a morte e o loito atopan un lugar na pasarela, así como a desigualdade social ou a loita de clases, en contraposición de temas máis desenfadados de tipo conversacional, como as glamourosas noites no famoso Studio 54 de NY.

A sección Miscelánea fai referencia ás microcoleccións e proxectos en xeral desenvolvidos no 3º curso da titulación, tamén cunha temática moi variada.

O Ciclo Formativo de Grao Superior en Xoiaría Artística participará nesta edición no desfile a través de pezas escultóricas adaptadas ao mesmo, realizadas no marco da Mostra de Encaixe de Camariñas e de considerable tamaño, xogando con materiais alternativos, traballando con corte láser e metacrilato e moita cor. Serán máscaras, coroas, colares, pendentes… todas elas cun punto en común: a aplicación de encaixe de Camariñas.

O alumnado de cursos inferiores (fundamentalmente 1º e 2º) colabora participando en actividades varias da organización, de xeito que ó rematar a carreira un alumno ten unha visión global do que supón a organización dun evento coma este, tanto de portas para adentro no backstage, como de portas para fóra desde a pasarela.

A exposición

Por primeira vez, paralelamente ao desfile haberá tamén unha exposición integrada polos tres mellores proxectos fin de estudos do resto das especialidades que tamén se imparten na Escola:

Interdisciplinariedade con outras titulacións da escola e do entorno

O alumnado do Ciclo Superior de Fotografía que se imparte na propia EASD Mestre Mateo encargarase de cubrir gráficamente o evento.

Tamén colabora co desfile o alumnado do Ciclo Formativo de Imaxe Persoal do Centro Integrado de Formación Profesional Someso, asistindo no peiteado e maquillaxe das/os modelos.

A interrelación de estudantes de distintos campos é un valor engadido na organización do desfile que permite ó noso alumnado unha visión máis rica e ampla.

Premios

Compatibilizaranse os habituais premios (Mellor Colección na categoría Despunte, patrocinado por Roberto Verino; Mellor Colección na categoría Miscelánea, patrocinado por Naf Naf Santiago e Aquelando Eventos; e Mellor Colección Fusión Artesanía e Moda, patrocinado por Artesanía de Galicia) cun Premio ao Mellor Proxecto Sostible, patrocinado por Signus Ecovalor, e galardóns aos mellores Proxectos Finais das demais especialidades impartidas na EASDMM, patrocinados pola Axencia Galega de Innovación, Artesanía de Galicia, González Almacén, e o Colexio Oficial de Xoiaría. O Dpto. de Dinamización da Lingua Galega da Escola tamén premiará o mellor Traballo Fin de Estudos que poña en valor a cultura galega.

Xurado

O xurado dos Premios da pasarela Despunte estará integrado polo deseñador de moda Franco Quintáns, Dedal de Ouro 2014; un representante de Roberto Verino; a artesá Inés Rodríguez, de Rir & Co. Artesanía, Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría de produto; María Piñeiro, de Naf Naf Santiago; e Claudia Figueira Caamaño, gañadora da última edición Despunte.

Pola súa parte, o xurado dos Premios aos Mellores Proxectos Finais de Carreira/ Estudos do resto de especialidades estará integrado por profesionais de recoñecido prestixio.

Reclutamento

Pola mañá haberá unha xornada de reclutamento de talento, na que empresas do eido téxtil entrevistarán ao alumnado egresado.

Convites

Debido ao limitado do aforo, só se poderá asistir mediante invitación.

Ao evento están convidadas as institucións e empresas colaboradoras da EASDMM. Reservaranse tamén convites para comunidade educativa da Escola: deseñadores/as (a través do Dpto. de Moda e Xoiaría, respectivamente), expositores/as (a través dos diferentes departamentos), alumnado en xeral (a través das titoras e titores de grupo), profesorado e PAS (a través da Dirección). Os convites serán enviados para a súa descarga por correo electrónico.

O día 27 ás 23.59h. poñeranse a disposición a través desta mesma web os convites para o público en xeral. Toda a información a respecto dos convites anunciarase exclusivamente a través da web e das rrss da Escola.

Imaxe do evento: Deseño grafismo: Carlos Vázquez Gómez | Deseño de moda: Cristina Matos Saavedra | Fotografía: Aitana Carril

Axenda