Diego realizou unha mobilidade Erasmus de prácticas o curso pasado en Vidra Ceramic Design, en Porto, Portugal, como parte da súa formación práctica en empresas, estudos e talleres dentro do Ciclo Superior de Técnicas Escultóricas. Durante dous meses puido coñecer o xeito de traballar desta empresa, especializada na realización de azulexos.