ERASMUS+ | Aberta a convocatoria de mobilidade Erasmus+ para o profesorado: Universidade de Saraxevo

26 03 2026 | Novas

A EASD Mestre Mateo anuncia a apertura da convocatoria de axudas para a mobilidade do persoal docente correspondente ao curso 2025/2026, dentro do programa Erasmus+ a través do consorcio CARTES. Esta iniciativa ofrece a oportunidade de realizar unha estadía internacional para o cadro docente que imparta docencia nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño ou nos Ciclos Formativos de Grao Superior do noso centro.

 

Datos clave da convocatoria:

  • Destino: Facultade de Belas Artes da Universidade de Saraxevo (UNSA).

  • Prazas dispoñibles: 1 axuda.

  • Datas da mobilidade: Do 18 ao 22 de maio de 2026 (5 días de estadía máis 2 de viaxe).

  • Condicións económicas: A bolsa cobre os custos de viaxe, así como os gastos de estancia e manutención durante o período da mobilidade.

  • Prazo de presentación: As persoas interesadas teñen ata o 8 de abril de 2026 (inclusive) para presentar a súa solicitude.

     

Procedemento de solicitude:

O profesorado candidato deberá entregar na Secretaría da Escola, en formato papel, a seguinte documentación debidamente cuberta, datada e asinada:

  • Impreso de solicitude (Anexo I).

  • Declaración de capacidade de manexo do idioma (Anexo II) xunto coas certificacións oficiais correspondentes.

  • Plan de traballo ou Working Plan (Anexo III).

A selección levarase a cabo mediante unha comisión de valoración que terá en conta a relación da especialidade docente co centro de destino, as liñas de investigación afíns e a certificación de idiomas.

Axenda