O Consorcio de Artes ao que pertence a Escola e que xestiona mobilidades Erasmus+, vén de informarnos de que debido a algunhas renuncias, dispón de 5 mobilidades de alumnado saínte para poder realizar as prácticas curriculares nalgunha das organizacións socias do Consorcio nos Balcanes (Albania, Bosnia, Montenegro e Kosovo).
Se estades no último curso dalgunha das ensinanzas impartidas no noso centro e estades interesadas/os en realizar unha mobilidade de prácticas este curso, debedes enviar ANTES DO 21 DE DECEMBRO ÁS 13H. un correo electrónico a erasmus@easd.es con copia a escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.gal indicando no asunto “SOLICITUDE MOBILIDADE CARTES SMT 23/24”. Xunto a este correo achegaredes o voso cv, portfolio e certificado de coñecemento do idioma (mínimo B1 inglés) indicando o centro polo que teriades preferencia.
CENTROS DISPOÑIBLES:
🏛 BOSNIA-HERZEGOVINA:
Sarajevo: https://upis.unsa.ba/en/ustanove/the-academy-of-fine-arts/
Mostar: https://en.logos-centar.com/
🏛 ALBANIA:
Durres: https://uamd.edu.al/category/lajme_uamd/erasmus_uamd/
Tirana: http://www.uart.edu.al/index.php?lang=2
Girokastra: https://uogj.edu.al/#
🏛 MONTENEGRO
Podgorica: https://unimediteran.net/studies/fakulteti/faculty-of-visual-arts/?lang=en
Cetinje: https://www.ucg.ac.me/
🏛 KOSOVO:
Prishtina: https://uni-pr.edu/page.aspx?id=2,1
Nota: Antes de realizar a solicitude é importante que vos aseguredes de que no centro que solicitades se imparte formación relacionada coa que estades a cursar vós na Mestre Mateo.