ERASMUS | Convocatoria para proposta de sinatura de novos acordos Erasmus+ interinstitucionais

5 12 2023 | Novas

A Oficina Internacional da EASD Mestre Mateo ten intención de firmar novos acordos interinstitucionais con universidades e escolas superiores estranxeiras co obxectivo de que tanto o alumnado coma o profesorado poida gozar de bolsas Erasmus+ en centros que sexan do seu interese.

Para este fin, ábrese un prazo até o día 12 de xaneiro (incluído) para que as persoas interesadas localicen escolas superiores e universidades estranxeiras e remitan o formulario cumprimentado (Anexo I) á Oficina Internacional a través do correo erasmus@easd.es

Condicións:

  1. O centro de estudos proposto debe formar parte da Unión Europea1.

  2. Debe ser un centro de estudos no que se imparta algún dos estudos da Escola, no mesmo nivel e especialidade, e que estea tamén en posesión da Carta Erasmus de Educación Superior2.

  3. A Oficina Internacional resérvase o dereito de aceptación ou denegación do acordo interinstitucional no caso de que as condicións non sexan de proveito para a Escola. 

  4. Só se admitirá unha proposta por persoa.

Descargas:

 

1 Bélxica, Bulgaria, Chequia, Dinamarca, Alemaña, Estonia, Irlanda, Grecia, España, Francia, Croacia, Italia, Chipre, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Hungría, Malta, Países Baixos, Austria, Polonia, Portugal, Rumanía, Eslovenia, Eslovaquia, Finlandia, Suecia.

Erasmus SMT

Axenda