O PROCESO DE INSCRICIÓN EN DOUS PASOS:
PASO 1 · EN LIÑA
Inscrición Electrónica
Accede á plataforma oficial da Xunta de Galicia e introduce os teus datos persoais e académicos e adxunta a documentación necesaria (se non introduces a documentación, non che deixa continuar).
- Onde: www.edu.xunta.es/eas
- Acceso: Certificado dixital ou sistema Chave365.
PASO 2 · PRESENCIAL
Formalización na Secretaría
Imprescindible e obrigatorio. Debes achegar a documentación física ao centro correspondente.
- Que levar: Copia impresa e asinada da túa solicitude online (se tiveches dificultades para adxuntar toda a documentación no proceso online, achega tamén a documentación necesaria).
- Onde: Na secretaría da EASD Mestre Mateo (ou na túa primeira opción).
MODALIDADES, ENSINANZAS E PRAZOS DE INSCRICIÓN
Selecciona o nivel educativo que desexas cursar para coñecer os requirimentos específicos e as datas límite de entrega:
Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño (Graos)
Prazo: do 28 de abril ao 5 de xuño de 2026
Titulacións dispoñibles:
- Grao en Deseño de Moda.
- Grao en Deseño de Produto (Itinerario Xeral)
- Grao en Deseño de Produto (Itinerario DUAL en Xoiaría e Complementos)
Vías de acceso:
- Acceso directo: Só con Título Superior de Artes Plásticas e Deseño.
- Proba específica: Proba unificada para todas as especialidades.
Ensinanzas Profesionais de Deseño (Ciclos de Grao Superior)
Prazo: do 8 de maio ao 12 de xuño de 2026
Titulacións dispoñibles:
- Técnico Superior en Fotografía.
- Técnico Superior en Técnicas Escultóricas.
- Técnico Superior en Xoiaría Artística.
- Oferta Modular: Taller de Dourado e Prateado.
Vías de acceso:
- Acceso directo: Bacharelato de Artes, Técnico/a Superior de APD, Belas Artes, Arquitectura, Deseño Industrial, entre outros.
- Proba específica: Para quen non cumpra o acceso directo.
- Proba substitutiva (+19 anos): Sen requisito de Bacharelato.
CASOS ESPECIAIS DE INSCRICIÓN
SISTEMAS DE IDENTIFICACIÓN ALTERNATIVOS
Se non dispós dos métodos de sinatura electrónica habituais da administración galega, a normativa prevé alternativas presenciais inmediatas:
- Persoas aspirantes con pasaporte: Deberán realizar a totalidade do proceso de inscrición acudindo directamente ás secretarías das escolas.
- Persoas solicitantes sen nacionalidade española nin DNI/NIE: Deberán acceder ao formulario de inscrición directamente no centro onde desexen cursar os estudos como primeira opción.
DÚBIDAS FRECUENTES (FAQ)
- Podo quedar fóra do proceso se fago a inscrición en liña pero non levo o papel á secretaría?
Si. A normativa autonómica indica que a solicitude electrónica debe ser validada coa súa correspondente presentación física, asinada pola persoa interesada, na secretaría do centro de primeira opción. - Aínda non teño as notas de 2º de Bacharelato, que fago? Non agardes. Inscríbete dentro do prazo correspondente achegando simplemente un certificado de estudos actualizado, selado e asinado polo centro (ata o 5 de xuño para Graos e o 12 de xuño para Ciclos) entregando a documentación da que dispoñas nese momento. O expediente de cualificacións finais teredes que entregalo en canto sexa emitido polo voso centro educativo (previo pagamento de taxas e solicitude do título de bacharelato ao voso centro), non máis tarde do 26 de xuño. As persoas que non entreguen a documentación en prazo quedarán excluídas do proceso.
- Se quero solicitar o acceso directo a un Ciclo Formativo co Bacharelato de Artes, teño que facer a proba específica? Non, as persoas que posúan a modalidade de Bacharelato de Artes teñen dereito a solicitar o acceso directo sen necesidade de realizar a proba específica de acceso, reservándose as prazas segundo os criterios da orde reguladora.
CONTACTO E SOPORTE
Se atopas atrancos técnicos coa plataforma ou precisas orientación pedagóxica sobre as nosas especialidades, o equipo directivo e de secretaría está á túa total disposición:
- Correo electrónico: escola.arte.mestre.mateo@edu.xunta.es
- Páxina web oficial: easdmestremateo.gal


