MODA | O alumnado de Deseño de Moda visita a Contextile Biennial de Guimarães

12 10 2024 | Novas

Este xoves alumnado de primeiro, segundo e terceiro de Deseño de Moda acudiu á Contextile Biennial, mostra de arte textil contemporánea ubicada en Guimarães.

Nesta mostra vimos as obras en colaboración con artistas téxtiles canadienses, país co que manteñen unha colaboración internacional, e da man de Joaquim puidemos coñecer as residencias artísticas internacionais que ofrecen, nas que agora artistas están por rematar as súas pezas, que sairán ó público a partir do día 12 do outubro en exposición, entre as cales se atopa unha creadora española, Susana Guerrero.

Pero Contextile foi moito máis que isto, unha mostra de arte textil contemporánea ubicada en diferentes puntos do centro da cidade, adicando cada espazo a unha mostra téxtil diferente, onde puidemos admirar obras internacionais galardoadas polo xurado pero tamén obras colaborativas creadas por alumnado de distintas escolas portuguesas vinculadas ás artes aplicadas, deseño e produto.

De especial impacto visual, cabe destacar a obra de gran formato do artista catalán convidado este ano, Josep Grau Garriga, que traballa o tear creativo a gran escala, onde a cor e a textura combinado coas dimensións das súas obras, enchen o espazo en branco da sala coma se fose o lenzo do pintor, causando unha gran sensación inmersiva na súa obra.
Especial agradecemento a Lala, comisaria desta exposición, que nos acompañou durante esta visita aportando información de interese sobre a vida e obra deste artista téxtil ó noso alumnado.

A continuación deixamos unha mostra das imaxes do alumnado e parte das obras vistas, onde o fío e a tea son o elemento vehicular que conecta estas creacións a través de varias técnicas: tapiz, bordado ou manipulación téxtil, entre outras.

Moitas grazas a Joaquim e a todo o seu equipo: Gisela, Marisa e Eurico, por esta acollida e a súa amabilidade durante toda a xornada, agardamos que esta sexa a primeira de moitas visitas.

Texto e imaxes: Alba Permuy

Axenda