II XORNADAS USC – EASDMM | O 1 de febreiro volven as Xornadas Deseño en Compostela: Da teoría á práctica

18 01 2024 | Novas

A EASD Mestre Mateo en colaboración co grupo de investigación Iacobus organiza as II Xornadas USC – EASDMM, que permiten achegar ambas institucións. Desde Deseño en Compostela: Da teoría á práctica buscamos o contacto entre dúas comunidades dedicadas ao estudo e práctica do DESEÑO abrindo un necesario diálogo entre dous centros complementarios onde a teoría se une á achega da experiencia próxima e o traballo manual.

O día 1 de febreiro pola mañá Falaremos de Deseño no Paraninfo da Universidade e pola tarde Faremos Deseño adicándonos á experiencia a través de visitas guiadas e coa participación activa en talleres na Escola.

INSCRICIÓN

Podes inscribirte nesta mesma páxina a través das ligazóns colocadas a continuación xunto ao programa.

Información importante para a reserva das visitas e talleres:
+ Só poderá reservarse unha visita e un taller por persoa.
+ Para este evento a reserva é totamente nominal, polo que independentemente de que se marque 1 ou 2 no apartado de Nº de invitacións/ reservas, a reserva computará como 1.

PROGRAMA

▫️▫️▫️

FALAMOS DE DESEÑO

(Aberto a todo o alumnado de Historia da Arte e Deseño de Moda e Produto. Non necesaria inscrición)

09.15h.

  • A forma da necesidade. Respostas creativas para a sociedade actual. Juan Monterroso
  • A moda na retratística de Julia Minguillón. Mónica Rey
  • Creatividade e deseño. Un caso práctico. Brais Albor
  • Pechando o círculo. Pensamento e práctica nun estudo de deseño. Isaac Piñeiro

▫️▫️▫️

SOMOS DESEÑO

Prazas limitadas. Previa inscrición

16.00h.

  • Visita á Facultade de Xeografía e Historia da Arte: paraninfo, biblioteca e outros espazos singulares. José Manuel García Iglesias/ Juan Monterroso/ Dolores Barral – Prazas: 75 – INSCRÍBETE AQUÍ
  • Visita aos talleres da EASD Mestre Mateo. Iria Parga/ Elisa González – Prazas: 50 – INSCRÍBETE AQUÍ

▫️▫️▫️

FACEMOS DESEÑO

Prazas limitadas. Previa inscrición en www.easd.es do 22 ao 26 de febreiro

18.00h.

  • Para quen deseñamos? Contar historias a través de personaxes. Desirée Vidal – Prazas: 10 – NON QUEDAN PRAZAS
  • Creando monstros. Deseño e materialización dunha Gárgola. Miguel Vigo – Prazas: 10 – NON QUEDAN PRAZAS
  • Deseño de produto con corte láser. Esther Novo/ Araceli Díaz – Prazas: 8 – NON QUEDAN PRAZAS
  • Dourado e prateado: a técnica. Santiago Riande – Prazas: 8 NON QUEDAN PRAZAS
  • A linguaxe do xesto. Retrato en cores planas. Marcos Vilariño/ Mariano Casas – Prazas: 16 – INSCRÍBETE AQUÍ
  • Origami téxtil: creación de texturas. Patricia Agudo/ Mercedes Vega – Prazas: 10 – NON QUEDAN PRAZAS

Axenda